O PP insiste ao bipartito que axilice os trámites co goberno central para a cesión da N-VI en Nadela

por Redacción Lugo
  • No pleno do xoves a preguntas do PP o bipartito confirmou que a cesión, por parte do goberno central, dun treito da N-VI ao seu paso polo núcleo segue no mesmo punto que hai anos
  • Os populares insisten que “hai  darlle un tratamento urbano a este tramo” e lamentan que socialistas e nacionalistas se esquezan desta zona e que desculpen a súa incapacidade “con excusas peregrinas”
  • Os populares lembran que a promesa da época do alcalde Orozco foi a de humanizar e converter esta vía na rúa da Raíña reflexionando que as palabras deste cargo socialista “foron un brinde ao sol”
  • Enrique Rozas reflexiona “a situación non mellorou moito xa que na actualidade os motivos cos que argumentan o atraso nesta xestión foron “pola pandemia e porque o goberno actual de Madrid está en funcións”

OUTRAS PROPOSTAS

  • Na xuntanza que o Grupo Popular mantivo cos veciños deste núcleo solicitaron que se estude a posibilidade de  pechar algún dos cobertizos do campo da feira de xeito que poidan ser empregados como local social. Tamén reclamaron mellorar a iluminación da rotonda de Nadela ou a limpeza do campo da feira entre outras cuestións
Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario