As asociacións de hostalaría de Compostela acordamos facer fronte a unha situación de constante criminalización e discriminación por parte do Goberno Municipal cara a nosa actividade. Esta práctica cobra especial inquina contra a hostalaría nocturna.
É esta unha situación que ven de lonxe, mais nos últimos tempos estase a manifestar na súa forma mais crua, cunha administración que mantén uns criterios interpretativos das normas absolutamente restrictivos e con demoras inxustificadas na resolución dos expedientes, que con frecuencia rematan co peche de establecementos. Entendemos que moitas destas resolucións ou ben teñen tinxiduras de arbitrariedade ou son aleatorias, provocando a indefensión dos afectados, presumíndose así nelas un ánimo de prexudicar ao sector.
En base a isto as asociacións de hostalaria de Compostela, (Asociación de bares, pubs e discotecas de Compostela, Hosteleria.gal e Asociación Hostelería Compostela) acordamos solicitar con urxencia unha reunión conxunta coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, co fin de acadar unha solución definitiva e axil a esta situación.
Así mesmo cumpre manifestar o noso apoio público aos compañeiros e compañeiras dos negocios afectados.