UGT convoca unha folga en educación infantil o 15 de novembro

por Redacción Galicia

O sindicato deulle unha oportunidade á negociación pero a última proposta presentada pola patronal o día 2, totalmente insuiciente, marca un antes e un despois

UGT Servizos Públicos chama á folga ás traballadoras e traballadores do convenio colectivo de educación infantil o vindeiro mércores, día 15 de novembro. Ademais, está convocada unha manifestación que sairá ás 11.30 horas da Alameda de Santiago.

O sindicato toma esta decisión, tras a proposta presentada pola patronal o pasado día 2 de novembro. Unha proposta insuficiente tanto no relativo ás táboas salariais das escolas infantís de titularidade privada como das de xestión indirecta. Queda así patente o interese das organizacións patronais de introducir recortes en relación ao convenio colectivo vixente.

UGT ven manifestando desde o pasado mes de maio a necesidade de complementar a negociación colectiva coa presión mediante mobilizacións de intensidade crecente, progresivas e consensuadas entre organizacións. Así o manifestou sempre UGT Servizos Públicos nas distintas reunións intersindicais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario