O PP urxe un enfoque máis responsable na xestión do ciclo da auga e no coidado das árbores en Lugo

por Redacción Lugo

Durante a  reunión de traballo que mantivo o Grupo Municipal do PP con ADEGA compartimos a preocupación expresada pola asociación ecoloxista sobre o modelo de cidade verde do PSOE e do BNG de Lugo carente dun respaldo en feitos4

  • No encontro celebrado con ADEGA coincidimos en que este goberno suspende en varios aspectos relacionados coa política medio ambiental e que hai unha incoherencia entre os titulares que venden e os proxectos que acometen xa que non cumplen coas expectativas coas que os presentan.
  • Un caso moi revelador é o do edificio Impulso Verde que presentan como “a punta de iceberg dun barrio con características ecolóxicas; que supuxo un investimento millonario; que a día de hoxe segue sen ter un uso definido e que, por riba, suporá unha hipoteca xa que os custes de mantemento son moi elevados”
  • Aseguran que hai exemplos que certifican que este goberno local suspende na xestión da auga, de feito, estes días  foi expedientado pola Confederación Hidrográfica por vertidos un dos máis recentes o do pasado 26 de outubro (pedido acceso ao expediente-adxúntase copia)
  • Outra asignatura pendente é a do coidado das árbores e, nese senso, compartimos a preocupación de ADEGA polo exceso de formigón e o maltrato de zonas arboradas e verdes
  • Os populares explican os esforzos doutras administracións, como a Xunta de Galicia, na busca do maior consenso posible no eido ambiental, lembrando como co trazado da Rolda Leste se impulsou unha nova declaración de impacto ambiental entendendo que unha infraestrutura deste calibre debe facerse contando co acordo por parte de todas as administracións.
  • Tras este primeiro encontro decidiuse que se programarán novas reunións de coordinación para traballar aspectos que se podan mellorar e trasladarllos ao goberno local e, así entre todos, impulsar medidas e accións para mellorar a política medio ambiental con feitos e non só con titulares.
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario