Os clubs de lectura están concibidos como espazos de aprendizaxe e de convivencia, onde se fomenta a adquisición de competencias lectoras, o traballo en equipo e o intercambio de experiencias
Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación, desenvolven clubs de lectura nas súas bibliotecas durante este curso grazas ao apoio da Xunta, que destina un total de 400.000 euros a este programa. O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021-2025, é fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado (comunicación lingüística, competencia social, cultural, artística…).
Por provincias, 162 dos centros integrados no programa son da Coruña (24 de nova incorporación este curso), 60 de Lugo (cinco novos), 54 de Ourense (seis novos) e 155 de Pontevedra (18 novos). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 600 e 1.235€, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.
Compartir experiencias
Poñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso.
Normalmente estes clubs de lectura -cuxo espazo natural son as bibliotecas escolares- vense enriquecidos polo emprego das tecnoloxías da información e a comunicación (que contribúen á lectura en diversos soportes, permiten introducir as narrativas transmedia e facilitan a difusión de actividades), así como pola participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.
Ademais da dinamización a prol da lectura e ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, os Clubs de Lectura tamén están concibidos como espazos de convivencia e de educación cidadá.
Centros de nova incorporación
Os 53 centros de nova incorporación este curso son os reflectidos na seguinte táboa:
Provincia | Concello | Centro |
A Coruña | A Coruña | CEE Nosa Señora do Rosario |
A Coruña | A Coruña | CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino |
A Coruña | A Coruña | CEIP Rosalía de Castro |
A Coruña | A Coruña | CIFP Paseo das Pontes |
A Coruña | A Coruña | IES Fernando Wirtz Suárez |
A Coruña | Betanzos | IES As Mariñas |
A Coruña | Boimorto | CPI Armando Cotarelo Valledor |
A Coruña | Boiro | CEIP Santa Baia |
A Coruña | Boiro | IES A Cachada |
A Coruña | Boqueixón | CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto |
A Coruña | Camariñas | CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto |
A Coruña | Carballo | CEIP Bergantiños |
A Coruña | Carballo | CEIP Plurilingüe A Cristina |
A Coruña | Fene | IES de Fene |
A Coruña | Ferrol | CEIP de Pazos-Mestre García Niebla |
A Coruña | Muros | CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío |
A Coruña | Muxía | IES Ramón Caamaño |
A Coruña | Noia | IES Virxe do Mar |
A Coruña | Ordes | CEIP de Mesón do Vento |
A Coruña | Ponteceso | CRA Nosa Señora do Faro |
A Coruña | Ribeira | CEIP Plurilingüe O Grupo |
A Coruña | Rois | CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde |
A Coruña | Santiago de Compostela | CEIP Arquitecto Casas Novoa |
A Coruña | Santiago de Compostela | CEIP Pío XII |
Lugo | Cospeito | CEIP Plurilingüe de Muimenta |
Lugo | Lugo | CEE Santa María |
Lugo | Lugo | CEIP Sagrado Corazón |
Lugo | Monforte de Lemos | IES Francisco Daviña Rey |
Lugo | Pantón | CEIP Plurilingüe Monte Baliño |
Ourense | Leiro | CEIP Emilia Pardo Bazán |
Ourense | O Barco de Valdeorras | CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas |
Ourense | Os Blancos | CEIP Plurilingüe dos Blancos |
Ourense | Ourense | CEIP Plurilingüe Albino Núñez |
Ourense | Ourense | CEIP Plurilingüe Inmaculada |
Ourense | Ourense | CIFP A Farixa |
Pontevedra | A Lama | CEIP A Lama |
Pontevedra | Barro | IES de Barro |
Pontevedra | Cambados | IES Francisco Asorey |
Pontevedra | Lalín | CEIP Xesús Golmar |
Pontevedra | Meaño | CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas |
Pontevedra | Nigrán | CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios |
Pontevedra | O Grove | CEIP Rosalía de Castro |
Pontevedra | Oia | CEIP Mestre Manuel García |
Pontevedra | Ponte Caldelas | CEIP Manuel Cordo Boullosa |
Pontevedra | Ponteareas | CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera |
Pontevedra | Pontevedra | CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos |
Pontevedra | Pontevedra | IES Frei Martín Sarmiento |
Pontevedra | Redondela | IES de Chapela |
Pontevedra | Salvaterra de Miño | CEIP Plurilingüe de Leirado |
Pontevedra | Salvaterra de Miño | IES de Salvaterra de Miño |
Pontevedra | Valga | IES Plurilingüe de Valga |
Pontevedra | Vigo | CEIP de Coutada-Beade |
Pontevedra | Vigo | CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro |