O PP pide un Plan de Mellora dos accesos a Lugo en coordinación coas administracións titulares de cada vía

por Redacción Lugo
  • Antonio Ameijide suspende ao goberno local pola imaxe que ofrecen aos viaxeiros as entradas á cidade así como polas dificultades e ata inseguridade que ocasionan á cidadanía circular por elas xa que “falta iluminación, mantemento do firme,  limpeza en profundidade nalgunhas infraestruturas como a ponte branca así como renovar e mellorar a sinalización”
  • Para o popular “é prioritario coidar as entradas á cidade, por seguridade viaria, e porque son a nosa carta de presentación e de despedida para quen nos visita” polo que considera esencial que se faga un mantemento impecable delas e unha importante mellora nalgunhas.
  • Catro dos accesos son competencia do concello: a entrada pola Fervedoria, a entrada polo CEAO e o tramo municipal da N-VI entre Avenida Américas e ponte branca e a Ronda Norte.

CHEQUEO DOS 9 ACCESOS LUGO

  1. Rotonda de Nadela: Entrada estratéxica á cidade e sen iluminación, debido a que o goberno central a mantén apagada. Este punto é a arteria principal para accecer e sair de Lugo, que conecta a N-VI coa A-6; saída tamén cara Monforte, Sarria e zona Sur da Provincia a través do corredor autonómico que da acceso ao núcleo de Nadela.

Con respecto ao tramo da N VI que transcorre polo núcleo de Nadela seguimos no mesmo punto, sen conseguir que o Goberno Central ceda a titularidade deste treito para que o Concello poida levar a cabo as comprometidas actuacións de humanización desta vía e avanzar na conexión da trama urbana da cidade coa zona fluvial, sempre tendo en conta a prioridade de preservar o entorno.

  1. Entrada pola Fervedoira. Precisa a ampliación e mellora da vía, garantindo a seguridade de peóns, usuarios do transporte público e de condutores, é necesario tamén a renovación das luminarias xa que a iluminación é escasa; colocación de sinais cinexéticas xa que neste tramo se produciron algúns accidentes de atropelos de corzos e xabaríns; mecanismos para redución de velocidade; desbroces máis periódicos para evitar que a maleza tape sinais e entorpeza o paso de os vehículos máis altos.
  1. Ronda Norte é unha das vías con maior intensidade de tráfico. Continúa na actualidade precisando importantes melloras, xa que segue sen desdobrar e sen iluminación. Polo que urxe unha obra de desdobramento e iluminación para garantir a seguridade nesta vía.
  1. Entrada polo Ceao Pavimento destrozado o que incrementa máis o risco de accidentes, nunha zona onde se suceden a diario colisións. Zona cunha primeira turborrotonda que nunca chegou a funcionar. Alí siguen os sinais tapados.
  1. N VI- dende Outeiro de Rei: precisa unha mellora do firme
  1. Acceso dende a N-540  que conflúe na Avenida das Américas. Estado de abandono en todo o seu trazado pero especialmente no acceso a Lugo, no que carece de iluminación, ten o pavimento deteriorado e precisa dunha mellora importante de mantemento e a instalación de iluminación.
  1. Estrada de Portomarín ou dende a autovía A-54 chegamos á “Ponte Branca” unha infraestrutura que precisa dunha limpeza en profundidade e dun mantemento e revisións axeitadas para garantir a súa seguridade estructural. Seguimos en ter novas sobre os ramais de acceso directo á cidade dende esta ponte.
  1. Por último, se a opción é entrar a Lugo pola Volta da Viña atópase cun dos cruces con máis tráfico da cidade, mal regulado, con problemas para os peóns e onde son frecuentes os accidentes.  
  1. Estrada da Fonsagrada Fixéronse recentemente obras para mellorar a seguidade vial, así como estase a levar a cabo por parte da Xunta de Galicia obras para mellorar o día a día e seguridade dos usuarios do transporte urbano
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario