Mañá primeira xornada de folga en Iberia Santiago e concentración no aeroporto ás 12.00 horas

por Redacción Galicia

A Sección sindical de UGT de Iberia en Santiago convoca para mañá, día 16, e para o venres, día 17, dúas xornadas de folga para denunciar a sobrecarga de traballo, pola falta de persoal, á que están sometidos os traballadores e traballadoras de Iberia no aeroporto de Santiago. Situación que estes días aínda se agrava máis polo peche do aeroporto de Vigo e, polo tanto, o desvío de carga de traballo cara a Santiago. Ademais, coincidindo coa folga de mañá, está convocada unha concentración ás 12.00 horas nas saídas do aeroporto de Rosalía de Castro.

Dende UGT denúncianse quendas que, incluso, poden ser das 5 da mañá ás 18.00 horas, con xornadas partidas para atender picos de traballo, o que dificulta seriamente a conciliación da vida laboral e persoal dos traballadores e traballadoras. Ademais, estas condicións precarias afectan á saúde dos traballadores e traballadoras de Iberia en Santiago, con riscos moi serios, tanto físicos como psicolóxicos.

UGT xa leva tempo denunciando esta situación no servizo de handling de Iberia de Santiago e a empresa escúdase nun suposto normal funcionamento e da a calada por resposta.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario