A exposición ‘Os Vieiros de Asorey’ descubrirá á cidadanía a obra e legado do gran escultor galego do século XX

por Redacción A Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, participou este luns no acto de apertura da mostra na rúa Compostela

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou no acto de apertura da mostra fotográfica ‘Os Vieiros de Asorey‘, que rememora a figura do escultor Francisco Asorey a través de imaxes das súas obras máis representativas acompañadas dun texto biográfico. A rexedora estivo acompañada polo presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo Piñeiro.

A mostra está organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes e conta co apoio do Concello da Coruña. No acto tamén estiveron presentes os autores da mesma, o fotógrafo e académico Xurxo Lobato, autor das imaxes e comisario, e o académico Felipe-Senén López Gómez, autor dos textos.

A exposición celébrase ao fío do Día das Artes Galegas, que neste 2024 dedícase a Francisco Asorey, considerado un dos grandes escultores españoles do século XX e un gran innovador do seu eido. A mostra está aberta á cidadanía na rúa Compostela, na contorna da praza de Lugo, ata o 20 de xuño.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario