Xuventudes Socialistas: «Ser galeguista e non ser europeísta é unha contradición»

por Redacción Galicia

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron a súa campaña electoral “EU en Galego. +Europa, +Galicia” coa que sairán a pedir o voto para que “nos próximos 5 anos se siga a falar de Galicia en Bruxelas”.

Dende a organización xuvenil queren animar á xuventude a saír a votar socialistas o próximo 9 de xuño, “nun intre onde a ultradereita volve a ameazar a Europa e onde quedan moitos deberes pendentes en materia laboral e medioambiental para a mocidade”.

Na imaxe, Nicolás García Gasares, o actual eurodeputado co cal realizarán numerosos repartos por toda Galicia, así como un acto mozo o próximo martes 28 en Santiago de Compostela, no que tamén estará José Ramón Gómez Besteiro e compañeiros de JSE da candidatura.

Dende a organización moza poñen en valor o traballo feito polo candidato galego, quen destacou pola seu logro do abaratamento do custe da luz para moitos fogares de Galicia, así como diversas medidas relacionadas coa transición enerxética.

Iago Carril, secretario de política europea, expuxo que “a campaña xira entorno a importancia da UE para os retos de futuro de Galicia e da mocidade galega”.

“Nico representa a esa mocidade que aspira a atopar unha vivenda en Galicia; a que lle preocupa que os seus montes e ríos sexan vítimas dunha crise ambiental; a que se impregna da diversidade cultural de Europa co Erasmus; ou a que quere emprender ou que lle paguen as súas prácticas”. Engadiu o socialista.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, manifestou o “PSdeG é o único partido que pode presumir de traballo e logros en política europea real para Galicia”. “Europa é unha realidade galega porque temos a un galego pensando nela todos os días”. “Ser galeguista e non europeísta é, para nós, unha contradición coa nosa historia como pobo”.

Doval cuestionou a “un PP aliado de Orbán, que bloqueou os fondos Next Generation tanto en Bruxelas como en Santiago, e a un BNG ‘botafumeiro’ que estivo desaparecido a metade da lexislatura polos seus acordos electorais”

PALESTINA

Dende a organización moza cualificaron de “Xenocidio” o que está a sucedes en Palestina actualmente, e ven xusto que “ A Corte Penal Internacional considere a Netanyahu un criminal de guerra contra a humanidade”.

“Non podemos seguir mirando a outro lado, cando xa vivimos un xenocidio no século XX e unha invasión ilegal a un país en 2022. Cómpre que a UE tome posicións e recoñeza o Estado Palestino. Non podemos afrontar unhas eleccións coa conciencia tranquila cando xa levan 12 mil rapaces asasinados dende outubro”.

Neste senso, a organización parabenizou á mocidade galega que se está a mobilizar nos campus estes días.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario