Besteiro: «A coalición da dereita coa extrema dereita preocúpame porque «pon en risco a Europa que construímos entre todos»

por Redacción Galicia

“O que me preocupa destas eleccións é a posición da dereita que agora confraterniza coa  ultradereita branqueando a xente como Meloni. Preocúpame que o PP apoie a políticos que ameazan a Europa que entre todos construímos, e non falo só da ultradereita senón tamén da esquerda independentista, aquí en Galicia tamén, que cuestiona a construción europea”.

Así o manifestou o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, esta mañá en Ourense, no acto de toma de posesión do novo subdelegado do Goberno de España na provincia, Eladio Santos.

José Ramón Gómez Besteiro insistiu en que o único partido que cre e aposta de verdade por Europa é o socialista e animou a votar ao PSOE o próximo 9 de xuño para garantir a voz de Galicia en Bruxelas “grazas ao noso candidato Nicolás González Casares”.

Preguntado polos xornalistas sobre a aprobación esta mañá no Congreso da Lei de Amnistía, Besteiro aplaudiu o resultado e insistiu en que os españois xa deron o seu visto e prace «aos que apostamos polo diálogo e pola convivencia» nas pasadas eleccións catalás.

O líder dos socialistas galegos lembrou que  cando gobernaba o PP «estabamos ao borde da independencia  e seis anos despois comprobouse que a receita do PSOE era a boa, o resultados así o confirman polo que invito ao PP  a tomar nota e abandonar dunha vez a confrontación”.

Na toma de posesión de Eladio Santos como subdelegado do Goberno na provincia, Gómez Besteiro destacou o compromiso o seu compromiso coa cidadanía, agradeceu tamén o traballo do seu antecesor, Emilio González, e destacou a aposta do Goberno de Pedro Sánchez por Ourense, unha das provincias, dixo, nas que máis se notou a inversión, sobre todo en infraestruturas: “A chegada da Alta Velocidade sitúa a Ourense nunha posición de privilexio  xa que a expón a un maior nivel de desenvolvemento.

Etiquetas
Comparte éste artículo
2 Comments