Carta ós votantes, indecisos e indecisas nestas eleccións europeas deste 9 de Xuño de 2024

por José Luis Calo

José Luis Calo. Coordinador UCIN Galicia

Os partidos tradicionais deixaron moi claro o que fan cos cartos públicos nos Concellos galegos, as contas non lle saen ó «tribunal de contas» galego, pois as poucas obras feitas, ou por facer, veñen todas da man das Deputacións e da Xunta, as veces a través dos Fondos Europeos, e a porcentaxe de gasto social roza o cero por cen, funden os cartos todos en pequenas obras.

Mais os cartos nas diferentes localidades galegas desaparecen nos municipios, por arte de maxia, en gasto interno, soldos e gastos das casas consistoriais, mentres morre o noso rural, un rural que segue votando por eses partidos de sempre que están decote salpicados por casos de corrupción e por denuncias que arquivan os xulgados por falta de probas. Eses partidos de sempre que non amosan os datos da tesourería, aferrándose nas súas maiorías absolutas, e que usan o ruxe ruxe como contra-información, mentiras, cando alguén lles destapa algunha das súas innumerables raposerías.

A eses veciños e veciñas que estades aínda indecisos de se ir ou non a votar nestas eleccións europeas polo noxo que lle colléchedes a política, quero asegurarvos que ningún destes partidos nos vai sacar as castañas do lume ante os problemas comúns que nos afectan e que só podemos arranxar tomando unha boa decisión nestas eleccións europeas para que Galicia teña voz en Europa, que é onde se decide o noso futuro a corto prazo.

Temos que apostar por partidos novos e darlles a oportunidade de mellorar as políticas europeas para que defendan o rural, ó mundo gandeiro e pesqueiro, emprego e a creación dun mellor tecido industrial nas nosas vilas, sumando todo isto a unha longa lista de promesas que repiten cada vez que entramos en campaña, pero, nunca o cumpren. Xa non podemos tolerar tanta corrupción, irresponsabilidade e incompetencia. Temos que abrir os ollos e despertar dese longo soño elixindo partidos diferentes e novos para que cambie a política europea e poder conseguir unha Unión europea que pense nos pobos e nas nosas necesidades básicas, e tamén na paz.

Se estás indeciso e non sabes se ir ou non a votar, se te decides a ir, elixe un partido novo entre esas novas cores políticas que nos defenda en Bruxelas. Só lembrar que UCIN, partido de centro e independente composto pola cidadanía galega, en coalición cos partidos municipalistas de toda España teremos nome e apelidos na papeleta de EXISTE para estas europeas pola defensa do rural e da España baleira.

Comparte éste artículo
1 Comment