Os populares subliñan que «o BNG en Europa é amigo dos inimigos dos pescadores e o PSOE, dos inimigos dos gandeiros

por Gonzalo Soto

A presidenta provincial, Elena Candia, o candidato ás europeas, Adrián Vázquez, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, interviron nun mitin da Mariña oriental.

  • Elena Candia subliñou que «o Partido Popular propón medidas de sentido común que poñen no centro ás persoas» e aposta por «favorecer a competitividade das nosas empresas e a creación de postos de traballo»
  • A popular condenou que «o Goberno de Sánchez fai todo o contrario» poñendo como exemplo «a falta de apoios para manter os postos de traballo da planta de Alcoa» que somerxe aos traballadores na incerteza
  • Daniel Vega explicou durante a súa intervención unha dobre vertente da incidencia de Europa «en tódalas localidades»: a administrativa, porque «nos beneficiamos do financiamento europeo»; e a cultural, porque formamos parte da estratexia común de tódolos países»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario