“O PSOE terá que pedir explicacións aos seus socios sobre esta provocación”, di Antonio Rodríguez Miranda.
O secretario executivo do Partido Popular no Exterior, o galego Antonio Rodríguez Miranda, lamentou hoxe que o BNG “sempre se aliña cos que insultan a España, faltan o respecto a todos españois e sempre están tentando quebrar as súas institucións”, en relación ao seu apoio a México ante a inxustificada decisión da presidenta electa, Claudia Sheinbaum, de non invitar ao rei Felipe VI a súa cerimonia de investidura.
Nunhas declaracións remitidas aos medios, Rodríguez Miranda manifestou que a líder do independentismo galego, Ana Pontón, “xa se quitou hai tempo a careta da moderación das pasadas eleccións autonómicas” e agora volve ir da man dos seu socios e amigos de Esquerra e Bildu en contra, coma sempre, dos intereses de España, e apoiando a decisión“inexplicable, inxusta e non procedente” da presidenta do país mexicano.
“O Partido Popular de Galicia sempre está do lado da defensa e respecto das institucións do Estado, e neste caso ao carón do Xefe do Estado. Nós sempre estamos coa Galicia real”, subliñou o representante popular.
Por último, Rodríguez Miranda sinalou que “o PSOE terá que pedir explicacións aos seus socios, no Goberno central e nun bo número de concellos, sobre esta provocación do independentismo galego ao Estado español” que “non se pode permitir” e ante a que o PPdeG “non pode calar”.