O PP defende flexibilizar a ordenanza de tráfico en Monforte para facilitar o traballo de autónomos e pequenos empresarios no centro urbano 

por 21 Noticias

Katy Varela explica que coa modificación realizada hai 8 meses polo goberno local tanto os transportistas, como os autónomos e empresarios teñen serias dificultades para poder realizar o seu traballo «con normalidade e sen ser sancionados»

 A voceira popular sinala que a ordenanza vixente permite o acceso nunha franxa horaria moi pequena «e a realidade é que tanto residentes como os propietarios de negocios non saben cando lles vai a chegar a mercancía ou precisan acceder de inmediato para facer traballos de carga e descarga»

·       Katy Varela sinala que «dende o Concello de Monforte deberíamos de facilitar a vida e o traballo de todos os monfortinos, pero o que está a facer o goberno de José Tomé e crear normas que unicamente teñen un afán persecutorio e recadatorio»

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario