Profesorado da UDC participa nun proxecto europeo a grande escala sobre eficiencia enerxética

por Redacción A Coruña

As profesoras da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Laura Castro Santos e Almudena Filgueira Vizoso, lideran, en representación da UDC, unha iniciativa de innovación docente que pretende modernizar e empoderar ás institucións de educación superior en Azerbaidján, Xeorxia e Ucraína.

Modernizar e empoderar ás institucións de educación superior en Azerbaidján, Xeorxia e Ucraína así como fortalecer as súas capacidades cara á resilencia enerxética e á cooperación interrexional. Este é o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ European EnergyEfficiency towards Mutually Reinforcing Partnership with GeorgiaAzerbaijanand Ukraine (3E-Partnership) que lideran, en representación da Universidade da Coruña, as profesoras da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Laura Castro Santos e Almudena Filgueira Vizoso. 

​O co-deseño e pilotaxe dun plan de estudos en eficiencia enerxéticapara as titulacións de grao e de máster xunto coa creación dunha serie de Laboratorios de Enerxía e de Redes Ecolóxicas son os dous piares básicos nos que se sustenta o 3E-Partnership, un Proxecto Europeo Erasmus+ que terá un impacto nas institucións, nas persoas, no estudantado e no persoal académico implicado mellorando o acceso ás infraestruturas, aos coñecementos e aos recursos máis actualizados no eido da eficiencia enerxética. 

​A Business and Technology University de Xeorxia coordina unha iniciativa de innovación docente na que tamén participan a KatholiekeUniversiteit Leuven de Bélxica, a Politecnico di Milano de Italia e a Universidade da Coruña de España. A maiores, integran este grupo de traballo a grande escala a Georgian Technical University, a Iakob Gogebashvili TelaviState University e a Energy Efficiency Centre Georgia, ambas as tres situadas en Xeorxia, a Donetsk National Technical University e a Ukrainian StateUniversity of Science and Technology, de Ucraína, xunto coa ADA University e a Khazar University emprazadas en Azerbaidján. Por último, cómpre sinalar o papel da Georgian National Energy and Water Supply Regulatory Commissioncomo entidade asociada.

​O Proxecto Europeo Erasmus+ European Energy Efficiency towardsMutually Reinforcing Partnership with GeorgiaAzerbaijan and Ukraine (3E-Partnership) conta cun orzamento total de 728.234 euros. A Universidade da Coruña dispón de 74.651 euros para levar a súa parte do proxecto centrado en co-crear coñecemento no eido da eficiencia enerxética grazas ao traballo do profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e da Facultade de Economía e Empresa do Campus da Coruña. 

Reunión de traballo presencial no Campus Industrial de Ferrol

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial  de Ferrol acolle, este mércores 6 e xoves 7 de novembro, unha das reunións de traballopresenciais do Proxecto Europeo Erasmus+ European Energy Efficiencytowards Mutually Reinforcing Partnership with GeorgiaAzerbaijan and Ukraine(3E-Partnership). A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez, recibiron esta mañá aos preto de 40 representantes das universidades e institucións participantes que nestas dúas xornadas analizarán os avances realizados no marco desta iniciativa de innovación docente. A maiores, o programa da xornada inclúe tamén a visita ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), situado no propio Campus Industrial de Ferrol, ás instalacións de Navantia Seanergies en Fene e ao Instituto Tecnolóxico de Galicia (TG), emprazado na Coruña.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario