UGT pide intervención urxente da Inspección de Traballo no Refuxio de Bando: «A seguridade dos traballadores está en perigo»

UGT Servizos Públicos Compostela- Barbanza vén de presentar ante a Inspección de Traballo unha denuncia por diversas infraccións en materia de seguridade e hixiene constatadas nas instalacións do Refuxio de Banda en Santiago. Estas deficiencias están a afectar ao normal desenvolvemento da actividade neste centro.

Concretamente, apréciase unha notable falta de persoal, que comporta unha excesiva carga de traballo en todas as áreas (administrativa, asistencial, veterinaria) e mingua a súa calidade, agravada pola superpoboación de animais acollidos, que esixe un sobreesforzo e incrementa os riscos aos que se ven expostas as persoas traballadoras.

Ademais, carécese de persoal que execute a limpeza das áreas de oficina, recepción e atención ao público, servizos/aseos, vestiarios e áreas de descanso das persoas traballadoras.

Por outra banda, resulta evidente a necesidade de acometer unha fonda

Cuadro de texto: Nota de prensaAsí mesmo, UGT-SP deplora a pasividade e indolencia, dende hai varias lexislaturas e con independencia da súa filiación política, das persoas titulares das institucións responsables do centro diante das insistentes demandas dirixidas pola delegada de persoal de UGT e a nosa organización, por exemplo, as realizadas recentemente:

  1. Ao Padroado da Fundación Refuxio de Animais, ante o que se compareceu na súa sesión de setembro de 2024.
  • Á alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, na súa calidade de Presidenta do Padroado, á que se dirixiu un escrito con data 21/01/2025, que trasladou ao Concelleiro delegado da área de Dereitos dos Animais, Xesús Manuel Domínguez Domínguez, quen non deu unha resposta concreta ás demandas e remitiuse a unha nova xuntanza sine die do Padroado da Fundación.

Deste xeito, UGT-SP, tal e como advertiu no seu escrito do 21 de xaneiro, vén de denunciar diante da Inspección de Traballo as infraccións en materia de seguridade e hixiene que se rexistran nas instalacións do Refuxio.

Logo da presentación de dita denuncia, UGT-SP volve instar ás autoridades competentes á procura de solucións urxentes para a situación insostible que se rexistra no Refuxio de Bando en relación cos dereitos das persoas traballadoras.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios