Como educar na empatía, colaboración, democracia e cohesión social

A biblioteca verde do CEIDA acolle a presentación do libro ‘Educación ecosocial’ de Miriam Campos Leirós

Este venres, 14 de febreiro, a mestra, educadora ambiental e coordinadora de Teachers for Future Spain, Miriam Campos Leirós, presenta o libro ‘Educación ecosocial: la respuesta a los retos del siglo XXI’ (Editorial Tébar Flores) na biblioteca ambiental do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), unha obra que explora os desafíos aos que se enfronta a educación actual, cun enfoque práctico e perspectivas provocadoras, convidando á reflexión e á acción.

O libro analiza como afectan ao ámbito educativo as preocupacións ambientais e as consecuencias do cambio climático, que conleva desde a dificultade de acceso a bens fundamentais como a auga, desplazamentos poboacionais masivos, o incremento de problemas de saúde, ou o aumento da fenda social. Aborda así a necesidade urxente de replantexar a educación apara poñer en valor novas formas de relación co planeta que habitamos e entre as persoas que nel cohabitamos.

Desde a análise de diferentes áreas, a autora plantexa diferentes propostas educativas para familias ou para materializar na aula. Ofrece unha ollada educativa de interconexión ao estilo da pedagoxía de Freinet, con anclaxe na vida e nas problemáticas actuais para abordar os retos presentes e futuros. Un camiño educativo hacia un futuro máis equitativo, sostible e consciente.

O acto de presentación terá lugar nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros), actual sede da biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA, ás 19 horas, e contará coa participación do profesor da Universidade da Coruña, experta en educación ambiental, Araceli Serantes Pazos, que guiará a conversa coa autora.

Miriam Campos Leirós

Miriam Campos Leirós é mestra, educadora ambiental e experta en xestión social do hábitat e deseño participativo.

En 2014 levou a cabo o proxecto PlasticOFF (que promovía a redución, reutilización e reciclaxe de plástico nos centros educativos) e deste entón non deixou de promover accións, dentro e fora da aula, para a concienciación polo coidado do planeta e a cooperación na educación. Participou en diferentes foros universitarios como divulgadora de experiencias educativas e ambientais e de educación ecosocial.

Formou parte da Asamblea Cidadá polo Clima promovida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico como experta independente, e actualmente é coordinadora de Teachers for Future Spain, un colectivo de docentes preocupados polo medio ambiente, o cambio climático e as súas consecuancias, que leva a cabo accións concretas para mudar a xestión dos centros escolares e promover a educación ecosocial.

Araceli Serantes Pazos

Profesora Contratada Doutora da Universidade da Coruña, é especialista en Educación Ambiental (equipamentos para a educación ambiental). Membro de ECIGAL-UDC (Grupo de Investigación Educación para a Cidadanía Global), de GPEA-UFMG (Grupo de Investigación en Educación Ambiental, Comunicación e Arte da Universidade Federal do Mato Grosso), SEPA-USC (a través do Proxecto ResClima), do Seminario Permanente sobre Equipos Educativos Ambientais do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), membro da SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental), AIP (Asociación para la Interpretación del Patrimonio) e SIPS (Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social).

Ten ampla experiencia laboral no campo da Educación Ambiental e da Cooperación para o Desenvolvemento, tanto no sector público e privado, como no terceiro sector. Tamén como docente e investigadora nestes mesmos campos. As súas liñas de investigación son a Educación Ambiental, a Interpretación do Patrimonio, o uso público nas Áreas Naturais Protexidos, os movementos sociais e participación cidadá, o desenvolvemento local e a animación sociocultural. Actualmente está máis enfocada en aspectos educativos do cambio climático, xustiza ambiental e en educación para unha cidadanía global.

Comparte éste artículo
No hay comentarios