O PSOE de Arteixo pide responsabilidades pola actuación do concelleiro de Urbanismo a favor dun particular contra unha comunidade de veciños 

O grupo municipal socialista de Arteixo preguntará no pleno pola actuación do concelleiro de Urbanismo a favor dun particular contra a comunidade de veciños da rúa Camiño de Candame nº 10 pola instalación dun ascensor.

O portavoz socialista, Martín Seco, explica que o seu grupo municipal recibiu a “sorprendente información” dun litixio no que está involucrado o concelleiro de Urbanismo sobre a instalación dun ascensor na comunidade de veciños da rúa Camiño de Candame nº 10, na que residen maiores de 70 anos e persoas con discapacidade.

A comunidade de propietarios concurrirá á liña de axudas que oferta o concello de Arteixo para instalación de ascensores, e no proceso xurdiron as “diferencias normais” entre propietarios sobre a cuantía que a comunidade de veciños ten que pagar ao propietario do baixo polos metros necesarios para a instalación, e que segundo a peritaxe efectuada se achegan máis á cantidade ofrecida pola comunidade de veciños que á do propietario do baixo.

Seco sinala que nunha reunión entre a comunidade de veciños e o concelleiro de Urbanismo para a solicitude de licencia do garaxe que estaba denunciado polo propietario do baixo, o edil “recomendou que aceptaran a proposta feita por ese propietario” que se ofreceu a facer a obra e descontar esa cantidade da súa aportación como membro da comunidade de veciños, aínda que a súa proposta era “tres veces superior” ás outras propostas económicas presentadas.

“O caso é grave” argumenta Martín Seco, “porque á recomendación do concelleiro hai que engadir o sucedido no litixio resultante das diferencias sobre a cuantía que a comunidade de veciños lle terá que pagar ao propietario do baixo”, e engade que o grupo socialista ten constancia de que “o responsable de urbanismo actuou a favor dunha das partes nun caso xudicial entre privados como testemuña para defender os intereses do propietario do baixo, de quen dixo ser amigo”.

O voceiro socialista suliña que o concelleiro declarou en sede xudicial que o local era utilizado para facer reunións dunha comunidade de montes do concello “para intentar subirlle a valoración á cuantía dos metros que ían ser utilizados para a instalación do ascensor”.  

Os socialistas pedirán explicacións e responsabilidades no pleno sobre estes feitos, porque según Seco o alcalde ten que explicar “si lle parece normal que o responsable de urbanismo actúe como testemuña de parte nun xuizo  para ditaminar a cuantía que a comunidade de veciños debe aboar ao propietario do baixo que perderá superficie por dita instalación, e se cre que a celebración de reunións dunha comunidade de montes do noso concello nun local no que non ten a súa sede social é motivo para testificar a favor do aumento do valor do solo afectado”.

Pero ademáis os socialistas queren saber cal é o motivo para que o concelleiro de urbanismo aconselle a realización da obra de regularización do garaxe por parte do propietario do local cando supera en 3 veces o orzamento que finalmente aceptou a comunidade e si pedirán algún tipo de responsabilidades ao concelleiro por dito comportamiento.

AO PLENO DO CONCELLO DE ARTEIXO

Martín Seco García na súa condición de Voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo, con DNI…..e domicilio en……….de Arteixo, comparece e como mellor proceda en dereito DI:

No día de onte, 24 de Febreiro de 2025, rexistramos os rogos e preguntas do noso grupo para o pleno ordinario do día 27 de Febreiro de 2025 e houbo un erro na pregunta titulada “PREGUNTAS SOBRE A ACTUACIÓN DO CONCELLEIRO DE URBANISMO A FAVOR DUN PARTICULAR NUN LITIXIO PARA A INSTALACIÓN DUN ASCENSOR NUNHA COMUNIDADE CON PRESENCIA DE DISCAPACITADOS E MAIORES”, ao ser unha versión previa á definitiva por tal motivo, SOLICITAMOS o troco  do rexistrado o día 24 por esta versión que si é a definitiva ao abeiro do disposto nos artigos do Regulamento Orgánico de Arteixo:

PREGUNTAS SOBRE A ACTUACIÓN DO CONCELLEIRO DE URBANISMO A FAVOR DUN PARTICULAR NUN LITIXIO PARA A INSTALACIÓN DUN ASCENSOR NUNHA COMUNIDADE CON PRESENCIA DE DISCAPACITADOS E MAIORES.

O noso grupo recibiu unha sorprendente e escandalosa información nun litixio sobre a instalación dun ascensor na comunidade de veciños da rúa Camiño de Candame nº 10.

Dita comunidade de veciños quere instalar un ascensor, xa que conta entre os seus propietarios con algún cidadán que ten discapacidade e con maiores de 70 anos, para dita instalación tamén sabemos que concurrirá á liña de axudas que oferta este concello para tal fin.

Neste proceso existen as diferencias normais entre propietarios para obter o espazo necesario para dita instalación, algo que acabou en litixio pola cantidade que a comunidade de veciños ten que pagar ao propietario do baixo polos metros necesarios para a servidume de paso para a instalación do ascensor e a denuncia que o propietario do baixo fixo pola falla de licenza no garaxe da vivenda da comunidade.

As diferencias entre a oferta da comunidade de veciños (6.900 euros) e a petición do propietario do baixo (23.000 euros) eran importantes e o perito xudicial valorou a servidume en 7.400 euros, unha cantidade próxima a ofrecida pola comunidade de veciños.

Ademais nos informan de que na reunión mantida pola comunidade de veciños e o concelleiro de urbanismo para facer as obras necesarias para legalizar a situación do garaxe que estaba denunciado polo propietario do baixo, o responsable de urbanismo recomendoulles que aceptaran a proposta feita polo propietario do baixo que se ofreceu a facer a obra no garaxe por uns 7.000 euros e descontar esta cantidade no que ten que aportar como membro da comunidade de veciños na instalación do ascensor, unha proposta que era máis de tres veces superior á que conseguiron nas ofertas que solicitou a comunidade de veciños entre outras empresas, xa que ao final fixeron a obra por menos de 2.000 euros e están a espera da licenza do garaxe.

O caso é grave xa que a dita suposta recomendación do concelleiro a favor da desorbitada oferta do propietario do baixo, lle sumamos o sucedido no litixio xudicial resultante das diferencias na cantidade que a comunidade de veciños lle ten que pagar ao propietario do baixo pola servidume, xa que temos constancia de que o concelleiro de urbanismo actuou a favor dunha das partes, sendo testemuña do propietario do baixo, do que dixo que era o seu amigo, e para defender os seus intereses dixo en sede xudicial que o baixo en cuestión era utilizado para facer reunións dunha comunidade de montes do noso concello e con esta declaración intentaba aumentar a valoración da cantidade que tiñan que pagar a comunidade polos metros que ían a ser utilizados para a instalación do ascensor, a sentencia definitiva estableceu dita servidume en 7.900 euros  

Por todo isto, o Grupo Socialista no Concello de Arteixo quere preguntarlle ao alcalde de Arteixo:

  • Parécelle normal que o responsable de urbanismo actue como testemuña de parte nun xuizo para tratar de aumentar a cantidade que a comunidade de vecinos lle ten que aboar ao propietario do baixo pola servidume de paso na instalación dun ascensor nunha comunidade con discapacitados e maiores de 70 anos e para elo testifique que alí se celebran reunións dunha comunidade de montes do noso concello, nun local onde non ten a súa sede social dita comunidade?
  • Cal é o motivo para que o concelleiro de urbanismo aconselle a realización dunha obra para regularizar o garaxe por parte do propietario do baixo, que seungo as súas propias declaracións en sede xudicial resulta ser o seu amigo e cando esta supera en máis de 3 veces o orzamento que finalmente aceptou a comunidade?
  • Vai a solicitar responsabilidades ao concelleiro por dito comportamento que actúa contra o suposto interese do grupo de goberno por correxir a falla de accesibilidade nas vivendas do noso concello ?
Comparte éste artículo
No hay comentarios