Rubén Arroxo e Iria Buide asisten ás actividades do Día Internacional das Altas Capacidades

O evento contou con ponencias de psicólogos e orientadores

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén arroxo, acompañado por Iria Buide, concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, asistiron ás Asociación Intelecto celebrou, hoxe cunha xornada o Día Internacional das Altas Capacidades que se celebra cada ano o 14 de marzo. O evento, celebrado na sede da UNED en Lugo, trancurriu en xornadas de mañá e tarde cun programa arredor das capacidades a cargo de expertoso como o orientador Rafa Dávila, a psicóloga Gloria Sánchez ou a influencer Leticia Garcés (coñecida nas redes sociais como padresforma2).

As nenas e nenos puideron desfrutar de distintas actividades adaptadas a cada franxa de idade, con obradoiros de realidade virtual e ilustración a cargo de Anxo Fariña, experimentos científicos e espectáculos de imaxinación e creatividade.

A Asociación Intelecto concibe a actividade como unha xornada de formación e divulgación sobre as Altas Capacidades no ámbito educativo e familiar, así mesmo, haberá obradoiros de enriquecemento para todos os nosos nenos/as e adolescentes con Altas Capacidades asociados. En toda a xornada participarán máis de 200 persoas, que se organiza anualmente desde a posta en marcha da Asociación, e que se converteu xa nun referente que atrae a Lugo a familias e profesionais de diferentes puntos xeográficos, incluíndo aos relatores que chegan dende diferentes lugares do estado. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios