O Concello da Laracha xa opera co novo orzamento municipal

Está equilibrado en gastos e ingresos e ascende a 10.880.000 euros.

O Concello comezou hoxe a operar cos novos orzamentos xerais municipais do exercicio económico 2025 unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a aprobación definitiva dos mesmos xunto ao cadro de persoal.

As contas foran aprobadas con carácter inicial polo Pleno da Corporación municipal na sesión celebrada o pasado día 18 de febreiro. Durante o período de exposición pública non se presentaron alegacións.

Os presupostos do novo exercicio económico están equilibrados en gastos e ingresos e ascenden a 10.880.000 euros. O orzamento é o fiel reflexo das liñas prioritarias para o goberno local: a protección social, a ampla cobertura en servizos que están a disposición da cidadanía, a promoción do emprego, a organización propia de actividades e eventos, o apoio ao sector comercial e o esforzo investidor.

Na citada sesión plenaria o alcalde xa avanzara que a estes orzamentos van ser incorporados máis de 1,5 millóns de euros procedentes de subvencións doutras administracións xa confirmadas para a transformación do Edificio de Servizos Múltiples nun edificio interxeracional, investimentos na rede viaria e a contratación de persoal para a prestación de servizos.

A entrada en vigor dos novos presupostos xerais permitirá continuar desenvolvendo proxectos chave para o futuro do Concello da Laracha e garantir a prestación á cidadanía de todos os servizos municipais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios