Xunta de Persoal. “Derivacións ao HULA por falta de persoal no Hospital da Mariña con camas dispoñibles”

Dende a Xunta de Persoal instan ao Conselleiro de Sanidade «a que nos relate cales son os máis e mellores servizos que ían implantar, onde está a blindaxe do hospital ou cales son os numerosos profesionais que ían vir para Burela».
Tamén denuncian que o o Hospital da Mariña continúa cun só médico especialista en anatomía patolóxica de tres que debería terLembran que o 30 de agosto de 2017, quenes dirixen a nosa sanidade explicaron que a reforma da Lei de Saúde e a supresión da Área Sanitaria da Mariña, lonxe de debilitar o Hospital da Mariña, permitiría seguir ampliando a oferta de recursos cunha atención máis próxima, «algo que no día a día vemos que é unha mentira», sinalan.

Xunto a isto apunta que o 6 de setembro de 2017 a Consellería de Sanidade afirmaba que con esta reforma sanitaria, «avanzariamos» nun maior número de actividades que se poidan levar a cabo nos hospitais comarcais grazas ao desprazamento de especialistas que acudirían dende os hospitais centrais ata os comarcais, evitando dese xeito os desprazamentos dos cidadáns. 

A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña está e estará na defensa da sanidade pública, dos dereitos das traballadoras e traballadores, do dereito dos veciños e veciñas da Mariña a contar con servizos médicos de calidade na nosa comarca». E anuncia que non permitirán «ningún recorte máis nos servizos públicos e no benestar social da poboación por parte da Consellería de Sanidade».

Comparte éste artículo
No hay comentarios