O parque provincial de bombeiros de Ribeira actuou na extinción de seis incendios que afectaron a colectores de lixo dispersos en varias rúas da Pobra do Caramiñal: Díaz Rábago, Castelo e María Mariño.
A intervención foi crucial para evitar que as chamas afectasen a propiedades próximas e para normalizar a situación na vía pública.
Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña