A recollida de sinaturas será mañá día 21 a partir das nove da mañá ata as dúas da tarde ante o edificio administrativo do Concello de Lugo (rolda da Muralla 197).
Non comunicado do Sindicato explican cales son as razóns para convocar á cidadanía a participar nesta recollida de sinaturas. «Ante a falta de persoal nos servizos municipais e a mala xestión continuada por parte do Concello, que está a afectar gravemente á calidade dos servizos públicos que toda A CIDADANÍA DE LUGO merecemos, convocamos unha mesa de recollida de sinaturas para esixir responsabilidades e solucións urxente»s.
As demandas que plantexamos son as seguintes:
● PEDIMOS de maneira inmediata dotación de persoal suficiente en todos os departamentos municipais para evitar a ESPERA e AXILIZAR todos os procedementos.
● A mellora da planificación e organización dos servizos básicos para unha ATENCIÓN MÁIS EFICIENTE.
● O persoal municipal NON temos A CULPA, cando nin sequera se nos respectan os dereitos e condicións laborais.
● ESIXIMOS Transparencia na xestión e rendición de contas por parte do equipo de goberno.
A túa sinatura conta! Participa e axúdanos a defender un Lugo máis xusto, eficiente e ao servizo da cidadanía.
● Os servizos públicos municipais son a nosa gran fortaleza. O que ten que facer este Goberno Progresista de Esquerdas é pisar o acelerador dunha vez para impulsar un Concello moderno e eficaz xunto ao persoal municipal. Cada vez que este Bigoberno privatiza un servizo público está obrigando á cidadanía de Lugo a abonar o IVE máis un beneficio económico ás empresas encargadas de prestar os servizos, beneficio que sae da suba dos impostos.
● O concello de Lugo non ten unha organización dos RRHH de cara a planificar os servizos máis esenciais do Concello. O deterioro dos servizos municipais agravado pola falta de persoal en servizos de atención continuada, xera no persoal sobrecarga de traballo e por conseguinte unha merma na calidade dos servizos que se prestan á cidadanía,
● O persoal do Concello de Lugo NON temos a culpa desta desorganización, ademais este Goberno está a vulnerar constantemente os nosos dereitos e condicións laborais.
● Este Goberno non é transparente nin rende contas cando lle son solicitadas. Temos casos flagrantes os cales pedíuselle explicacións e tomaron a calada como resposta, ou con evasivas. É unha falta de respecto cara ó persoal público, lonxe de reforzar os servizos municipais, permiten o seu desmantelamento provocando servizos saturados, trámites acumulados ou retrasos nas citas……..
● Quen di defender os servizos públicos non pode contar no seu haber con toda a súa Área de xestión entregada a empresas e Oligopolios.