PP Lugo. «PSOE BNG rexeitan modificar a ordenanza de proteción ambiental municipal para ampliar a distancia entre as plantas de biometano ás vivendas»

Socialistas e nacionalistas rexeitaron MODIFICAR ORDENANZA AMBIENTAL para ampliar a distancia mínima entre as plantas de biometano e as vivendas tal e como pedimos hoxe no pleno

Dende o PP consideramos que hai que protexer os núcleos e as vivendas fronte a instalacións que poden xerar malos cheiros e molestias.

Lamentablemente para o goberno de Lugo, os problemas da cidade só serven para facer política contra a Xunta, pero nunca para dar solucións.PSOE e BNG votan en contra de traballar xuntos para facer o proxecto da zona de baño pública na contorna dos Robles. Desdícense do pelno pasado

PSOE e BNG votan en contra de TRABALLAR XUNTOS para facer realidade unha ZONA BAÑO PÚBLICA nos Robles.

No pleno pasado, o alcalde retou a Elena Candia a impulsar esta iniciativa. Hoxe xa se desdín. Prefiren poñer paus nas rodas.

Levan desde 1999 no goberno e Lugo segue sen praia fluvial. A responsabilidade é só súa.

Nós propoñemos colaboración e solucións. Eles prefiren enredar antes que actuar. Levan gobernando Lugo desde 1999 e o resultado é claro: non hai praia fluvial e é responsabilidade súa.

PSOE e BNG siguen sen recoñecer o problema de falta de seguridade, contaminación acústica e de convivencia cidadá que hai en determinadas zonas de Lugo. Rexeitaron a iniciativa de impulsar un mecanismo paticipativo para abordar de forma útili, necesaria, sana e democrática estas cuestións

Ante PROPOSTAS PARA MELLORAR CASÁS que incluímos nunha proposición de pleno, PSOE e BNG só contestan con críticas. Votaron en contra de actuacións tan básicas como mellorar accesos, podar árbores, protexer o tendido eléctrico ou corrixir a sinalización que dificulta a chegada de ambulancias.

Casás precisa obras, apoio e respecto. O PP leva propostas, o bigoberno só política e ataques.

Socialistas e nacionalistas rexeitan de  crear un rexistro municipal voluntario e confidencial de persoas electrodependentes, que permita actuar con axilidade ante cortes de luz en coordinación cos servizos sociais, Protección Civil e eléctricas.

Preguntas para fiscalizar a xestión do goberno:

• Interesámonos pola implantación dun sistema para a lectura remota dos novos contadores de auga. O goberno local informa que estamos en disposición de cumprir toda a normativa e remiten aos proxectos europeos aos que pediron financiamento e onde se inclúen estas actuacións.

• Preguntamos polos hortos urbanos municipais, que máis dun ano sen entregar aos adxudictarios e están cubertos de maleza. Dicen que unha vez se recolla o material dunhas parcelas se prepararán.

• Reclamamos información sobre o atraso na entrega da

s escrituras das vivendas públicas da Croa, unha situación que mantén na incerteza a moitas familias. Non é un trámite sinxelo, na maior brevidade posible.

As preguntas sobre o futuro da  rúa Quiroga Ballesteros o goberno local afirma que será peonil como tal e como tiñan previsto.

Rogos:

• Ante a petición de que se reitere a petición de solicitar de forma oficial a denominación da ponte das Saamasas como “Tomás Notario Vacas”, tal e como propón o colexio de enxeñeiros se nos responde que o Ministerio está perfectamente informado.

• Tamén se tomou en consideración a petición sobre o futuro de varios tapóns urbanísticos nos que se prometeu actuar hai máis de 16 meses en zonas como o Camiño de Pipín, rúa Maceira–Juana La Loca e avenida da Coruña. Esta demanda, compartida pola veciñanza, foi reiterada nas últimas festas da Piringalla ante a falta de avances reais.

• O PP reclama a instalación dun sistema autónomo de accesibilidade nas piscinas municipais. O concello recoñece que o que ten catro cadeiras e que se trata dun sistema con grúa que precisa dun socorrista.

• Reiteramos, por terceira vez, que se arranxe a Rúa Fonmiñá  xa presentado en novembro e decembro de 2024, sen que se acometeran as melloras solicitadas. Se indica que se toma en consideración.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios