A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol acolle unha nova edición do curso de verán “Modelado BIM de Instalacións en Edificación”
Ferrol, 16 de xullo de 2025.- Un ano máis, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolle o curso de verán “Modelado BIM de Instalacións en Edificación con Revit e CYPE” da man dos profesores Juan de Dios Rodríguez García e Antonio Couce Casanova. Do mércores 16 ao venres 18 de xullo terá lugar o primeiro módulo, centrado no uso de Revit, un software de modelado de información de construción (BIM) que permite deseñar e xestionar proxectos arquitectónicos de maneira eficiente.
Neste primeiro módulo están a participar, principalmente, estudantes das distintas titulacións de grao e de máster que oferta a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), así como alumnado da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), esta última pertencente ao Campus da Coruña.
O segundo módulo levarase a cabo entre o luns 21 e o mércores 23 de xullo neste mesmo centro do Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña (UDC). Nesta ocasión, o alumnado inscrito afondará no modelado e no cálculo de instalacións botando man de software Open BIM.
Foto: alumnado do primeiro módulo co curso de “Modelado BIM de Instalacións en Edificación con Revit e CYPE” xunto cos dous profesores que dirixen e imparten a formación, Juan de Dios Rodríguez García e Antonio Couce Casanova.
Un ano máis, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolle o curso de verán “Modelado BIM de Instalacións en Edificación con Revit e CYPE” da man dos profesores Juan de Dios Rodríguez García e Antonio Couce Casanova. Do mércores 16 ao venres 18 de xullo terá lugar o primeiro módulo, centrado no uso de Revit, un software de modelado de información de construción (BIM) que permite deseñar e xestionar proxectos arquitectónicos de maneira eficiente.