Ponte Maceira, símbolo da nosa historia e orgullo da nosa terra, necesita coidados, non esquecemento.
Durante a nosa recente visita ao conxunto histórico-cultural de Ponte Maceira, desde UCIN Galicia sentimos tanto a beleza do lugar como a tristeza do seu abandono. Esta xoia do noso patrimonio, admirada cada ano por miles de visitantes e peregrinos, sofre o que nunca debería sufrir un Ben de Interese Cultural: neglixencia institucional e deterioración progresiva.
A ponte medieval, en estado de abandono e sucidade, é un berro silenciado que pide auxilio.
Non falamos só dunha infraestrutura: falamos dun símbolo, dun legado que conecta o pasado co presente, e que hoxe ve perigar o seu futuro pola falta de acción por parte da Xunta de Galicia. A situación é grave, e desde UCIN non imos quedarnos calados.
Jose Luis Calo, coordinador UCIN Galicia, acompañado de representantes de UCIN de Ames e Negreira, trasladou durante a visita unha serie de demandas urxentes:
✅ Un plan integral de conservación que inclúa os muíños, os piares históricos, as zonas de paseo e a vexetación de ribeira.
✅ Restauración da antiga presa da zona de baño, hoxe convertida nun perigo evidente.
✅ Limitación do tráfico sobre a ponte, para garantir a súa protección e a seguridade de veciños e visitantes.
✅ Solucións reais ao problema de aparcamento, que actualmente provoca colapsos e riscos para a seguridade viaria.
En 2023, a Xunta anunciou un proxecto de reconstrución da presa do Tambre. Más dun ano despois, nada se soubo daquel compromiso. Esiximos accións inmediatas, non máis promesas baleiras, para preservar e dignificar este espazo único. Basta de desinformación: Galicia merece transparencia e respecto. Como cada ano, os artigos clónicos que falan dos incendios forestais seguen o mesmo patrón de desinformación:
📌 Non nomean as plantacións masivas de eucalipto, usando eufemismos no seu lugar.
📌 Non mencionan ao PP, responsable dunha política forestal claramente prol-eucalipto.
📌 Non aparece ENCE, a gran beneficiada da eucaliptización do territorio galego.
📌 Utilízase como única fonte á Consellería, sen contrastar a información nin dar voz a outras realidades.
📌 Faise propaganda dos medios de extinción empregados, pero nunca se abordan as causas estruturais do problema.
📌 Suxírese continuamente que os incendios son intencionados, sen probas nin asunción de responsabilidades políticas.
Desde UCIN Galicia, denunciamos esta manipulación mediática que busca tapar a verdade: o rural galego está a ser esquecido, explotado e posto en risco ao servizo de intereses económicos alleos ao ben común.
UCIN Galicia está coa xente. Está co patrimonio. Está con Ponte Maceira.
Desde UCIN, non facemos política de escaparate, facemos política útil. Defendemos o que é de todos e todas, porque cada pedra de Ponte Maceira conta unha historia que non podemos permitirnos perder.
A nosa voz é a voz da cidadanía que quere coidado, respecto e futuro para Galicia.
Seguiremos traballando con compromiso, escoitando á veciñanza e propoñendo solucións. Porque o noso patrimonio non se negocia.