CCOO recoñece o esforzo do persoal do Servizo de Incendios e pide unha reunión coa Xunta tras a vaga de lumes

Comisións Obreiras (CCOO) quere recoñecer publicamente o «gran traballo, compromiso e profesionalidade» do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), que estes días se está a enfrontar a unha das vagas de lumes máis virulentas dos últimos anos en Galicia.

O sindicato salienta o esforzo de todos os profesionais implicados na extinción, especialmente na provincia de Ourense, onde o lume arrasou preto de 12.000 hectáreas. Nesta provincia, CCOO traslada o seu desexo dunha pronta recuperación aos bombeiros que sufriron queimaduras no incendio de Oímbra e ao profesional que tivo un accidente de tráfico en Maceda.

CCOO subliña que agora é o momento da solidariedade, pero tamén lembra que xa advertira da necesidade de cubrir todas as prazas do servizo con antelación para que o operativo estivese ao 100% no inicio da tempada de máximo risco.

Unha vez finalizada esta vaga de lumes, CCOO solicitará unha reunión coa Conselleira de Medio Rural para avaliar as «carencias e debilidades» do dispositivo de extinción.

Comparte éste artículo
No hay comentarios