O vindeiro sábado 23 de agosto a partir das 17h vaise celebrar o campionato de bolos por parellas no campo de bolos de Manselle. Ademais do propio campionato haberá musica a cargo de “Maruxa e Coralia Dilleis”. Haberá cantina con petiscos e bebidas para todos os asistentes hasta esgotar existencias. Ao remate seguirá a festa aproveitando que este fin de semana non hai ningunha no concello.
O campionato contará con liga e fase eliminatoria con trofeos para a mellor parella, segunda clasificada e mellor bolada.
O custe da inscrición será de 3 euros por parella e poderase facer cinco minutos antes do comezo da competición.
Todo o recadado será para financiar o Festivalo 2025.
Animamos a toda a veciñanza a asistir este campionato e pasar un serán de deporte e festa no campo do Valo de Manselle.