Néstor Rego demanda ao Goberno do Estado defender os intereses dos buques galegos diante da Comisión Europea e exixir que se aplique o necesario equilibrio entre a protección dos ecosistemas e o medio mariño coa viabilidade económica e social.
A organización nacionalista sinala que se debe facer unha revisión a este veto e que estea baseada en informes científicos rigorosos e adecuados, así como estabelecer un diálogo continuado co sector pesqueiro.