O PP de Lugo solicita ao BNG que aproveite as obras de pavimentación do Ceao para mellorar a seguridade contra incendios

Este verán publicábase na plataforma de contratación o proxecto das obras de “Pavimentación de beirarrúas no Polígono Industrial do Ceao”, que inclúe varios tramos nas rúas da Industria, Agricultura e Factoría. Trátase dun proxecto que, lonxe de responder ás verdadeiras necesidades da zona, limítase a un simple lavado de cara cando era o momento de apostar por unha intervención máis ambiciosa e transformadora.

A concelleira popular Mar Carballas  subliñou que “estas obras serían unha oportunidade perfecta para avanzar tamén na seguridade contra incendios, coa instalación destes dispositivos hidráulicos que se conectan á rede de abastecemento e que están deseñados para subministrar gran cantidade de auga aos bombeiros e persoal de emergencias en caso de incendio.

Carballas lembrou que o Ceao é un polígono antigo, que no momento da súa urbanización non contemplou a colocación destes elementos. Na actualidade os hidrantes existentes conectados á rede de abastecementos son insuficientes, dificultando o labor dos bombeiros.

O Regulamento de Seguridade Contra Incendios nos Establecementos Industriais establece criterios claros para o seu emplazamento e distribución.

Os hidrantes deben situarse de maneira que o seu acceso sexa doado e permitan alimentar sen dificultade aos equipos de extinción. Cada hidrante debe cubrir unha zona protexida de arredor de 40 metros (medida horizontal desde o seu punto de instalación).***

Carballas insistiu en que “aproveitar cada investimento público para dar resposta ás necesidades reais das empresas é a mellor forma de mellorar non só a imaxe senón tamén a seguridade e a competitividade do noso tecido industrial”.

*** Real Decreto 164/2025, de 4 de marzo, por el que se aprueba el Reglamento de seguridad contra incendios en los establecimientos industriales.

a) La zona protegida por cada uno de ellos es la cubierta por un radio de 40 metros, medidos horizontalmente desde el emplazamiento del hidrante hasta el perímetro (fachada) del edificio, o bien, hasta el espacio abierto a proteger. En los espacios abiertos (incluidos los entornos de los edificios) los hidrantes deben poder alcanzar las zonas con carga de fuego a proteger como, por ejemplo, los muelles de carga o las zonas de almacenamiento de materiales combustibles

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios