O Grupo Municipal Socialista do Vicedo critica a actitude do alcalde, que rexeitou propostas crave en materia de transparencia e saneamento. A oposición acusa ao rexedor de preferir a improvisación á planificación e de obstaculizar a mellora dos servizos públicos.
Durante o pleno ordinario celebrado este mércores, os socialistas presentaron dúas mocións que foron rexeitadas:
- Transparencia: Propúñase garantir o acceso á información pública, incorporando ao portal municipal orzamentos, contratos e convenios. O alcalde rexeitouna co seu voto en contra.
- Saneamento: A moción, que buscaba un plan para mellorar a rede de saneamento, foi desestimada polo rexedor co argumento de que “non precisa planificación, que xa irá facendo”.
Ademais, o PSdeG-PSOE sinalou outras deficiencias na xestión municipal, como a falta de previsión nas comunicacións sobre as rozas, o mal estado das estradas por mor do transporte de madeira e a escasa marxe de tempo para inscribirse nas Escolas Deportivas.
O Grupo Municipal Socialista lamenta que o alcalde mostre unha «escasa vontade de diálogo» e rexeite sistematicamente as propostas da oposición, mesmo cando buscan mellorar a vida da veciñanza. Conclúen que a actitude do rexedor evidencia a súa falta de interese por unha xestión transparente e planificada.