En Laxe, a coincidencia coa realidade é absoluta. Existe un infame «Club» –lonxe de ser deportivo– onde un grupo de bocachanclas dedícase en exclusiva a desprestixiar a quen non se somete. Este colectivo de lerchos esquece que a democracia está obrigada a asentarse sobre o respecto e a tolerancia.
¡Que marabilla! Observo como vos encarnizades con quen non se defende, manténdose nese silencio pomposo e inútil, confiados en que a Xustiza e a vida, movidas por unha fada madriña, han vir rescatalos. Como esa fe cega no cosmos non sempre dá froitos, permitídeme citar a Bruce Lee: «Crer que a vida non che vai magoar por ser bo é como crer que un tigre non te vai atacar por ser vexetariano». Como eu si teño voz e desexo responder «a título persoal», mando un recado aos peóns para que o escoiten ata os albaneles:
A Anatomía do «valente» de Portozás
Tiven a inmensa fortuna de residir en Portozás –empadroado e todo, para a vosa xenreira–. Isto permitiume coñecer ao persoal do centro. Vivín as ameazas por opinar en tempos de suposta democracia e vestín eses traxes a medida que só se cosen polas costas os lerchos de Portozás
Por iso, dígolles aos valentes do CLUB DOS LERCHOS: pensades que atacades o feble pola súa mansedume e boa educación, que lles impedirá seguirvos o xogo. E si, acertades en case todo.
Pero esquecedes algo, aínda que parezan sós e inofensivos, todo rabaño de ovellas ten sempre o seu mastín. E a paciencia, xa sabedes, é a arma dos que poden esperar.
WhatsApp e faros da razón
Alabo os vosos comportamentos agachados e rastreiros a través de WhatsApp e páxinas anónimas. Escondidos, como corresponde a quen fixo da valentía furtiva o seu modo de vida. Seguireis sendo así de valentes.
Pero síntoo: a vosa estratexia non derrubará estas árbores. As vosas calumnias e ataques xenófobos –propios da vosa condición de maleducados e senvergoñas expertos– só serven á nosa causa. Os nosos valores brillan tanto, ou máis, que os Faros da #costadamorte, e as nosas accións xa tumbamos gobernos anteriores.
O Novo furacán sen perfiles falsos
Moitos Donald Trump militan no «Club dos lerchos de Portozás». Ben, torres máis altas xa caeron. ¿Como? Coa forza da palabra, a educación e a razón. Unha pluma estilográfica fai mais dano que una escopeta.
A inmensa maioría dos cidadáns, aos que tomades por parvos (erro de cálculo notable), non o son. E como nin a vida, nin a xustiza, nin o tempo se dignarán a poñer a cada un no seu sitio coa rapidez que merecen, eu non esperarei tanto.
Cando chegue o momento –que, tranquilos, aínda non chegou–, buscade un bo agocho para gardar a vosa vergoña. Porque un novo furacán de verdades chegará sen perfiles falsos. Chegará como ladrón na noite.
A pesar de todas as batallas perdidas, teño a certeza de que esta guerra a gañarán os bos: os educados, os mansos de corazón. Eses… son os que ao final, sen facer moito ruído, gañarán a guerra.
Eu só redactarei o relato dos acontecementos, co meu nome e apelidos, asinado, dando a cara. Non temos medo, só esperamos pacientemente polo Día de San Martiño, e ese día achégase…
Estades preparados lerchos, a cada porco chégalle o seu San Martiño