Narcoperegrinos. Por @DulceCorcu

Dous dos «modus vivendi» que fan famosa a Galicia tanto dentro do Estado español como alén as fronteiras. Ambos chegan por distintas vías ao noso país, e ás veces mesturanse nun guión que nin o propio Valle – Inclán, cando escribía baixo os efectos de determinados alucinóxenos, daría sequera ideado. 

Falamos do intento de fuxida dun colombiano e dous ecuatorianos a bordo dun taxi na Pobra do Caramiñal, despois dunha descarga frustrada de cocaína que xa estaba, sen que os protagonistas o sospeitaran, baixo a mira policial que os cachou coas mans na fariña. Sálvese quen poida, viñeron dicir os sorprendidos en fragrante delito, e cada quen buscouse a vida para poñer pés en polvorosa dalí. Nun intento de aparentar normalidade, os nosos tres espelidos figuras consideraron que a un taxi non o ía deter ningún policía no desempeño do seu labor carrexando pasaxeiros. Pero foron dar co taxista equivocado. Ese curioso que mira polo retrovisor e ve a tres estranxeiros pingando e desprendendo salitre por cada poro da pel. Estes de botellón con baño incluido no mar non veñen, debeu pensar, suspicaz. É que somos peregrinos do Camiño Acuático, imos dereitos a ver ao Apóstolo, morremos coas gañas e xa nos tarda, non se estrañe que non cambiaramos a roupa. Aí o taxista estoupou: bueno carallo…A ver se pensan que son parvo! Que non pago Netflix todos os meses para non distinguir un narco dun peregrino. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios