USC.Demandas do Estudantado: Eleccións reitorado 2026

O Consello do Estudantado da USC marca a axenda para o reitorado: «O voto estudantil será decisivo» (Alternativa: Co 28% do voto, o estudantado da USC esixe compromisos claros ás 5 candidatas a Reitora)

IGUALDADE

  1. Constituír a Oficina de Diversidade, independente da de Igualdade, no prazo de 3 meses a partir da toma de posesión como Reitora.
  2. Nomear unha persoa Delegada da Reitora para Diversidade/ ampliar a figura actual de Delegada de Igualdade para englobar a Oficina de Igualdade, a Oficina de Universidade e o SEPIU (con cadansúas Direccións independentes).
  3. Actualizar e ampliar o protocolo de cambio de nome a efectos internos da USC ao persoal da Universidade e mellorar a súa implementación tanto a nivel informático (por exemplo, o cambio do Microsoft 365 non muda o nome no Microsoft Forms) como a nivel académico (eleccións, listas, etc).
  4. Organizar xornadas formativas en antirracismo e en identidades trans* e alén do binario.
  5. Traballar conxuntamente coa Oficina de Mobilidade e pórse ao dispor do estudantado internacional, especialmente daquel susceptíbel de sufrir agresións racistas.

LINGUA E CULTURA

  1. Manter ou aumentar o orzamento para actividades da área de Cultura, en particular aumentar os programas de actividades de dinamización (xa que os 35.000 euros actuais son insuficientes)e potenciar os programas de danza e teatro.
  2. Implementar a autenticación informática empregando o dominio rai.usc.gal ou usc.gal, así como facer que esta sexa a forma por defecto do enderezo de correo electrónico.
  3. Aumentar o orzamento de normalización lingüística da Universidade e ampliar o SNL.
  4. Dar continuidade ás iniciativas culturais de éxito, como os programas de Primavera e Outono Culturais.
  5. Implementar medidas de fomento da docencia en lingua galega, especialmente nas áreas onde ten menor porcentaxe de uso na docencia.
  6. Aumentar en número e mellorar en horarios os cursos de lingua galega para non galegofalantes do CLM. Facer, a maiores, cursos con anterioridade ao inicio das aulas, pensando no estudantado de mobilidade e/ou estranxeiro e no persoal
  7. investigador visitante. Estes cursos deberían ter un enfoque lúdico e poderían ser organizados con apoio de asociacións estudantís como ESN.
  • Engadir unha parte de Cultura Galega ao “Welcome day” dos erasmus
  • Contemplar exencións e descontos na matrícula dos cursos do CLM para aquelas persoas nas que concorreren circunstancias iguais ou análogas ás que constitúen causa de exención de matrícula en titulacións oficiais.
  • Dar a coñecer as visitas guiadas polo patrimonio da USC entre o estudantado e o persoal da Universidade.
  • Fomentar a actividade das comisións de normalización lingüística dos distintos centros penalizando a aqueles centros que non están desenvolvendo actividades
  • Fomentar a creación de apuntamentos e clases en galego e, especialmente, a creación de dicionarios de termos específicos para certas áreas (matemáticas, veterinaria…) por parte do SNL. Isto debe vir acompañado dun sistema que permita detectar se a docencia é realmente en galego.
  • Aumentar a oferta de actividades culturais potenciando o traballo conxunto co concello tanto en Santiago como en Lugo.

SERVIZOS PARA O ESTUDANTADO

  1. Mellorar o fraccionamento do pago da matrícula aumentando o número de prazos e aplicar este xunto coas as exencións para pagos como o depósito do título.
  2. Aumentar o orzamento das axudas ás asociacións así como de axudas culturais e físico-deportivas, ou calquera outra proposta que fomente a participación e dinamización do estudantado.
  3. Traballar por permitir a asistencia telemática ás actividades culturais da USC nas que sexa posible permitindo a participación de xente de Santiago e Lugo.
  4. Fomentar que as titulacións oferten materiais dixitais para que o estudantado que por motivos de forza maior non pode asistir a clase poida estudar o material.
  5. Establecer mecanismos formais de suspensión temporal ou baixa xustificada da matrícula nos estudos de grao e mestrado, por causas laborais, de saúde, de coidado ou de forza maior, sen penalización económica.
  6. Revisar o sistema de avaliación continua, garantindo alternativas equitativas para o estudantado que non poida cumprir con determinadas actividades por causas debidamente xustificadas.
  7. Eliminar a implícita “minoría de idade universitaria”, recoñecendo o carácter adulto e responsable do estudantado, e promovendo relacións baseadas na confianza e na corresponsabilidade.
  • Aumentar a publicidade e a financiación do servizo de atención psicolóxica para que sexa máis coñecido polo estudantado e poida axudar de forma presencial a xente de todos os campus tanto en Santiago como en Lugo.
  • Potenciar o servizo de titores por medio dunha maior publicidade para que sexa máis coñecido polos novos estudantes.
  • Avogar pola ergonomía dos espazos mediante sillóns e engadindo enchufes as bancadas das aulas para favorecer o estudo do estudantado mediante aparellos electrónicos.
  • Colocar máquinas de café e expendedoras para permitir que o estudantado poida avituallarse de forma rápida entre clases.
  • Mellorar infraestruturas do campus sur como o auditorio (para que sexa utilizable) e arranxando a rede de sumidoiros.
  • Aumentar os puntos onde hai seguridade en todos os campus.
  • Introducir en Lugo os servizos que faltan, en particular puntos do servizo de reprografía, o servizo de becas e o programa eBici.
  • Abrir instalacións deportivas no campus de Lugo similares ás presentes en Santiago

NORMATIVA E CALIDADE

  1. Ter en conta o traballo feito pola anterior comisión encargada da redacción dos estatutos para evitar postergar máis a aprobación destes.
  2. Modificar a normativa de permanencia para que non esteas obrigado a rematricularte de todas as materias suspensas.
  3. Engadir un sistema de aprobado por compensación deixando de ser a única universidade galega que non presenta un sistema deste tipo.
  4. Crear unha nova normativa de asociacións e reformar a de avaliación
  5. Crear documentos consolidados coa normativa actual que inclúan todas as modificacións para mellorar a claridade desta.
  6. Renovar o sistema de calidade da universidade modificando as enquisas, engadindo outros sistemas que aumenten o impacto dos resultados e adaptándose os programas DOCENTIA.
  7. Mellorar os sistemas que entran en acción cando unha materia e suspensa por un alto porcentaxe de estudantes tratando de buscar solucións reais a estas situacións.
  8. Crear e potenciar os sistemas que vele polo cumprimento da normativa universitaria para evitar abusos.
  • Aumentar    o    número    de    días    para    xustificar     faltas    de    asistencia.

INFRAESTRUTURAS

  1. Garantir a existencia de espazos autoxestionados para o estudantado nos distintos centros con espazo de almacenamento e para reunións.
  2. Adecentar o interior dos locais de estudantes e asociacións dos Chalés dos Catedráticos, nº5
  3. Comprometerse a continuar o desenvolvemento da Cidade da Saúde coa construción da facultade de farmacia e o resto de fases do plan.
  4. Dialogar co Concello de Santiago para garantir o cumprimento do convenio Universidade-Concello, especialmente no relativo á conservación das rúas dos campus, e particularmente do campus sur de Compostela.
  5. Planificar o uso do Pavillón Estudantil, establecendo unha atención ao público co modelo de “portelo único” para todo o estudantado, inclusive o de mobilidade e/ou estranxeiro.
  6. Aumentar a dotación do servizo de limpeza da USC, de maneira a adecuar a carga de traballo das súas traballadoras aos dereitos laborais que as asisten e seguir prestando un servizo de calidade.
  7. Garantir que o horario de apertura das bibliotecas en período extraordinario de exames siga sendo negociado co Consello do Estudantado. Garantir que a biblioteca Intercentros do Campus de Lugo tamén estea aberta “24 horas” durante este período.

VIVENDA

  1. Rematar as reparacións da residencia de San Clemente.
  2. Sacar máis prazas públicas (mediante convenios con institucións públicas evitando aos convenios público-privados).
  3. Mellora e reparación das habitacións do SUR.
  4. Avogar pola declaración de Santiago como zona tensionada e pola regulación dos alugueiros de tempada.

INVESTIGACIÓN

  1. Que exista unha liña máis específica para iniciativas de divulgación.
  2. Loitar por manter os títulos da USC e evitar a desaparición destes (como aconteceu recentemente con mestrados nas facultades de psicoloxía e matemáticas)

MOBILIDADE

  1. Simplificar os trámites e mellorar a comunicación cos estudantes erasmus entrantes xa que cando chegan moitos non teñen información sobre como proceder.
  2. Garantir que os pagos das bolsas Erasmus se fagan con anterioridade á data de inicio do programa.
  3. Mellorar os servizo para o estudantado saínte evitando a duplicidade de responsables para evitar confusións.
  4. Loitar por mellorar as comunicacións do Campus de Lugo co resto de cidades e vilas galegas.
  5. Avogar por unha mellora da mobilidade dentro de Santiago tratando de impulsar medidas como o aumento da frecuencia das liñas que conectan ambos campus.
  6. Rematar coa cátedra de mobilidade de MONBUS

MISCELANEA

  1. Fomentar a posibilidade de propiciar os temas de TFG en todas as facultades.
  2. Dar máis peso as asociacións estudantís
  3. Rematar cos centros adscritos permitindo que estes pasen a ser facultades independentes e facendo aos estudantes actuais participes do proceso de cambio informándolles con transparencia como funcionará.

Comparte éste artículo
No hay comentarios