Que acontece cando un asasinato deixa de ser un feito para converterse nun relato? Cando a investigación criminal se transforma en entretemento e o morbo marca a axenda? Onde queda a vítima cando o sensacionalismo impón o seu ritmo e a súa linguaxe?
Estas son algunhas das preguntas que formula Cinzas ás Cinzas, a primeira produción escénica da compañía galega O BALCÓN que se estreará o sábado 24 de xaneiro ás 20:00 h no Auditorio Municipal de Cedeira. Unha peza que afonda na fascinación contemporánea polo crime, na exposición mediática da violencia e na responsabilidade colectiva de quen observa, consome e xulga. Este espectáculo teatral trasgrede fronteras narrativas, mesturando o o suspense propio do thriller co discurso metateatral e de a critica social.
O argumento xira arredor dun suceso violento que sacode un piso de estudiantes. Catro comapñeiros de piso, un asesinato sen resolver e múltiples escenarios que se cruzan: o piso, un plató de televisión, una comisaría e un programa de corazón. Todo convive nun espectáculo no que o público deixa de ser pasivo para asumir un papel decisivo, situándose fronte ao crime como xuíz e como parte do sistema que o consome.
As persoas asistentes poderán adquirir a súa entrada (2,5 euros) na taquilla ata unha hora antes do comezo da obra (sen embargo, se pode reservar por whastapp polo número 649876614, indicando número de entradas a reservar, nome e apelidos e un número de contacto).