A voceira popular, Elena Candia, explicou que un dos obxectivos da rolda de prensa é comunicarlle ás 1.500 persoas, da Milagrosa que reclamaron máis seguridade e mellor convivencia cidadá, que “a súa sinatura non foi en vano”.
Os populares reafirman o seu compromiso coa Milagrosa e volveron a reiterar que se adopten as medidas para garantir a seguridade na rúa Tui e a súa contorna tal e como fixeran o 7 de xullo de 2025 e aseguran que “non pararán ata conseguilo” e que estudan presentar unha iniciativa a pleno.
PATRÓN CONTINUADO
Durante anos, o establecemento denominado “Las Palmeras”, situado na rúa Tui número 6, foi obxecto de reiteradas actuacións policiais, inspeccións técnicas e denuncias veciñais que poñen de manifesto múltiples infraccións administrativas e unha actividade reiteradamente incompatible coa licenza outorgada.
Este local opera á marxe da legalidade, funcionando de feito como pub ou local nocturno sen a licenza habilitante correspondente, aproveitando o horario máis amplo concedido aos café-bar para realizar actividades propias dun after.
Hai feitos documentados de que desde finais de xuño, poderían ter actuado dende aquela peron NON SE FIXO e só decidiron impulsar o expediente sancionador trala presión da oposición e da movilización veciñal. Por tanto é evidente que malia contar con actas que acreditaban distintas infraccións do local, o goberno non moveu ficha.
• 29 de xuño de 2025 prodúcese unha acta de inspección.
• O 2 de xullo existen informes da Policía Local e da Policía Nacional.
• O 7 de xullo o Partido Popular esixe actuación inmediata.
• O 1 de setembro volvemos comparecer para falar de seguridade.
• O 12 de setembro entregamos as sinaturas recollidas a pé de rúa.
E non é ata o 28 de outubro cando se incoa o expediente e se publica a resolución no BOE do 29 de xaneiro tal e como figura no informe sancionador que o 19 de febrerio asina Rubén Arroxo.
E aquí xorde unha cuestión relevante: Segundo as actas policiais ás que tivemos acceso, existirían múltiples intervencións que poderían dar lugar a expedientes diferenciados.
As oito intervencións dos expedientes 233, 234 poderían dar lugar a oito expedientes sancionadores independentes, un por cada acta pero, o goberno local, optou por agrupar as intervencións en dous expedientes e iso é relevante xa que a Lei 10/2017 de Espectáculos Públicos de Galicia establece que a reincidencia se aprecia cando existen máis dunha infracción da mesma natureza con resolución firme no prazo dun ano.
E cando se cometen dúas ou máis infraccións graves firmes nun ano, a seguinte pasa a ser moi grave.
E cando hai infracción moi grave por reincidencia, a lei permite a clausura do local, a suspensión da actividade e incluso a revogación da licenza.
Se xa existen sancións graves firmes publicadas e os incumprimentos continúan, estamos ante un escenario no que a reincidencia debe ser analizada con rigor.
Se cada intervención dera lugar ao seu propio expediente e á súa correspondente resolución firme, a reiteración quedaría formalmente individualizada e facilitaría a apreciación da reincidencia.
Entendemeos que o criterio de agrupación ten consecuencias xurídicas directas na valoración da reincidencia e cando falamos de seguridade veciñal, estas decisións administrativas non poden quedar sen explicación.
Non é unha cuestión política.
É unha obriga legal protexer a convivencia, a seguridade, a saúde e o dereito ao descanso dos veciños da rúa Tui. Os feitos estaban documentados a finais de xuño. Poderíase actuar daquela. Non se fixo. Actuouse tras meses de presión política e veciñal.