O PP lamenta que Carmela López siga as ordes de Tomé e se negue a acatar a sentencia do Tribunal Supremo e a reintegrar na Deputación aos 16 traballadores afectados

Antonio Ameijide quixo aclarar que “seguiremos defendendo os dereitos dos traballadores afectados” así como que “a Deputación de Lugo acate a sentenza na súa totalidade”: “Chegamos ata o Supremo para defender os intereses dos lucenses e o seguiremos a facer para defender os dereitos destes traballadores e as súas familias e que se reintegren na administración da que nunca os deberon botar dende o PSOE e BNG”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade de ouro, para marcar distancias con José Tomé “xa que optou por manter as imposicións do presidente na sombra” ao negarse a apoiar a moción do Grupo Popular para “acatar a sentenza do Tribunal Supremo e reincorporar ao cadro de persoal da Deputación aos 16 traballadores que enviaron a Tragsa”.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, apelou “á responsabilidade” da presidenta da Deputación para que demostrase “coherencia e valentía”, desmarcándose das decisións adoptadas por José Tomé, unicamente en base ás liortas políticas dentro do PSOE, para “garantir o respecto á legalidade, á transparencia e os dereitos dos traballadores”.

Antonio Ameijide recorda que “defendemos no pleno o cumprimento íntegro da sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegal a adquisición dunha acción de Tragsa por parte do goberno provincial do PSOE e do BNG, así como os posteriores acordos adoptados sen respectar as competencias do pleno”.

Antonio Ameijide recordou que xa no ano 2019 dende o Grupo Provincial Popular advertiuse da ilegalidade dunha decisión que supuxo o desmantelamento da empresa pública Suplusa e a expulsión de máis de vinte traballadores, dos que a día de hoxe 16 seguen en Tragsa cunha situación de absoluta incerteza. “O tempo deunos a razón. Sete anos despois, o Tribunal Supremo confirma que o que fixeron foi ilegal e que actuaron con prepotencia e desprezo á legalidade”, sinalou.

A sentenza do alto tribunal anula tanto o decreto de adquisición de accións como a encomenda de xestión posterior, ao considerar que se vulneraron competencias reservadas ao pleno provincial. “E o máis importante, esta resolución fixa xurisprudencia para todas as administracións locais de España, deixando claro o que non se debe facer na xestión pública”.

Antonio Amejide non quixo esquecer o traballo realizado polos anteriores grupos provinciais do PP, liderados por Elena Candia e Javier Castiñeira, “un traballo que rematou nesta sentenza histórica contra a Deputación de Lugo”.

A moción defendida polos deputados populares contemplaba: 

– Dar cumprimento á Sentencia 65/2022, do 31 d e marzo, do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 d e Lugo, ratificada n a recente Sentenza48/2026 d o Tribunal Supremo e, consecuentemente, dar por rematados de xeito inmediato os encargos vixentes realizados a Tragsa, concretamente, oencargo d e prestación do servicio de mantemento e conservación d e zonasverdes como consecuencia da súa nulidade radical.

– Asumir, dende a institución provincial, a xestión directa da prestación do servicio de mantemento e conservación de zonas verdes con medios propios, subrogando aos traballadores de Tragsa destinados ao servicio e afectados pola citada sentenza do Tribunal Supremo, de cara a integralos dentro d a Deputación Provincial de Lugo.

Ademais, Ameijide lamentou que “esta sentenza volve situar á Deputación de Lugo no foco nacional como exemplo de mala praxe política e de como non se deben facer as cousas”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios