A programación especial organizada polo Concello de Lugo co gallo do Día Internacional dos Museos —celebrado hoxe— continúa achegando á cidadanía diversas propostas culturais e divulgativas nos distintos espazos museísticos da cidade.![]()
O concelleiro de Turismo e Museos, Agustín Gallego, participou nunha das actividades centrais: unha visita guiada que arrancou na Casa dos Mosaicos e na que as persoas inscritas tiveron a oportunidade de caracterizarse como auténticos romanos.