Este é o meu corpo. A Revolta das Mulleres na Igrexa volve saír á rúa o 1 de marzo

O movemento eclesial Revolta das Mulleres na Igrexa vaise mobilizar o próximo domingo 1 de marzo en 33 cidades do estado español co gallo das celebracións do Día das Mulleres.

Por sexto ano consecutivo convócanse concentracións o 1M en: Alacante, Barcelona, Bilbo, Burgos, Córdoba, Donosti, Granada, Huelva, Huesca, Iruña, As Palmas de Gran Canaria, León, Logroño, Lugo, Madrid, Murcia, Oviedo, Salamanca, Santander, Santiago de Compostela, Tenerife, Valencia, Valladolid, Vigo e Zaragoza.

Vitoria-Gasteiz sairá á rúa o venres 6M,

Almería, Badajoz, Málaga e Sevilla o sábado 7M, Xaén e Ciutadella o domingo 8M.

En Galicia haberá tres concentracións simultáneas o 1M ás 12:00 horas:

  • na praza da Quintana en Santiago de Compostela convocada pola Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria,
  • diante da catedral de Lugo convocadas pola Revolta de Mulleres na Igrexa de Lugo e
  • ás portas da Igrexa do Cristo da Vitoria de Vigo, convocadas polo grupo de Revolta da Parroquia.

Co lema ‘Este é o meu corpo’, a Revolta de Mulleres na Igrexa imos presentar unha performance na que cuestionaremos os dous arquetipos de muller nos que a Igrexa nos categorizou durante séculos: o da Virxe María, modelo de pureza, submisión e compracencia, e o de Eva, a pecadora, sedutora, inconformista e desobediente. Co lema pretendemos sumar un novo significado á frase que se repite en todas as Eucaristías, para denunciar o control da Igrexa sobre os nosos corpos e reclamar dignidade. As mulleres sentimos que a Iglesia afogou as nosas identidades e corpos pechándoos en dous modelos contrapostos que nos enfrontaron a unhas coas outras.

Denunciamos así a inmobilidade coa que o patriarcado clerical nos tratou na historia, que non ten nada que ver con como Xesús se achegou a nós maila viviremos nas periferias, maila estarmos destinadas a existir nas marxes. Ergueunos do chan, tratounos en igualdade, púxonos no medio das comunidades, dándonos as mesmas responsabilidades que daba aos homes. Por iso saímos á rúa, para reclamar que, con todo sermos as mans e o corazón da Iglesia, négasenos a palabra, a voz e o voto, a toma de decisións e o liderado.

Ata que a Igualdade, a xustiza e o coidado da casa común se fagan costume!

Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria Revolta de Mulleres na Igrexa de Lugo

Grupo de Revolta da Parroquia do Cristo da Vitoria de Vigo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios