O goberno de Noia presenta unha nova barredora para reforzar os servizos de limpeza viaria

O Concello de Noia presentou hoxe a adquisición dunha nova barredora, que xa está traballando polas rúas do municipio realizando labores de limpeza viaria.

Trátase dunha compra que o goberno municipal considerou prioritaria para mellorar a eficacia da limpeza viaria e reforzar os servizos municipais, ao tempo que supón tamén unha medida de eficiencia económica. Ata o de agora, determinados traballos esenciais non podían realizarse con vehículos municipais e debían ser contratados a empresas externas, o que supoñía un incremento do custo destes servizos.

Segundo explicou o concelleiro de Servizos e Limpeza Viaria, Abel Pan, a incorporación desta máquina permitirámellorar a capacidade de resposta do Concello e prestar un servizo máis completo á veciñanza.

Neste sentido, Pan destacou que “a incorporación desta barredora supón un paso moi importante para mellorar a limpeza viaria no noso municipio. Permítenos reforzar os traballos que xa se están a facer e realizar tarefas que ata o de agora tiñamos que contratar fóra, o que tamén supón unha mellora na eficiencia económica”.

A nova máquina permitirá reforzar e ampliar os traballos de limpeza tanto no casco urbano como nas parroquias, onde será especialmente útil para mellorar o mantemento da vía pública.

Moi especialmente será unha ferramenta moi útil nas parroquias, onde ata agora era máis complexo realizar este tipo de labores con medios propios”, sinalou o concelleiro, que destacou ademais que “agora poderemos contar con este servizo os 365 días do ano”, mellorando a continuidade e a capacidade de actuación do servizo municipal.

Entre outras funcións, esta barredora permitirá levar a cabo tarefas de limpeza xeral na vía pública, eliminar restos de vexetación incrustados nas beirarrúas e realizar a limpeza e o desatasco de alcantarillas, ampliando así as posibilidades de actuación do servizo municipal.

En canto ás súas características técnicas, trátase dunha barredora autopropulsada de aspiración, equipada condous cepillos laterais de accionamento hidráulico, mangueira e tubería de aspiración, o que lle permite realizar traballos de limpeza con maior eficacia e versatilidade.

Para Abel Pan, esta adquisición supón “un investimento que mellora o servizo público e que nos permitirá manter Noia máis limpa e coidada durante todo o ano”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios