Xa co remate do primeiro cuarto do século XXI de guerras e fundamentalismo neoliberal, no que se promocionan os intereses das grandes corporacións e dos grandes bancos, os contemporáneos soamente podemos facer crónica e prediccións máis ou menos erróneas destes sucesos. A historia require do filtro dos anos para cando os tempos de sega sexan chegados
E daquela terán eiquí un importante capítulo os mensaxeiros e beneficiados que serviron a estes intereses, que non serán outros que os señores das guerras e os talibáns do neoliberalismo.
A data de hoxe somos todos coñecedores dos impresionantes beneficios da industria armamentística cun consumo de máis de 5000 millóns de euros en munición nos dous primeiros días de guerra no pròximo oriente como fomos tamén coñecedores hai seis anos da acusación oficial contra o primeiro ministro de Israel por fraude, abuso de confianza e aceptación de sobornos, antepoñendo sempre o seu beneficio persoal ao do Estado israelí, sin que pareza que lles importe moito a estes últimos. É ben certo que a primeira víctima da guerra é sempre a verdade.
No noso día a día as propostas para facilitar o despido dos empleados públicos ou para privatizar a sanidade pública ou a educación, en base a unha falta de productividade nunca xustificada con traballos científicos, camiñan neste mesmo senso.
Na política galega i española precisamos dunhas forzas moderadas e moderadoras na procura dunha sociedade solidaria e interclasista onde os cidadáns teñamos garantidos uns dereitos básicos mínimos, desde un modelo máis ou menos federal ou confederal, pero desde logo con máis competencias para Galicia, i equitativo para todos os pobos e rexións de España i Europa. Facer esto non é outra cousa que achegar a administración ao administrado e non alonxala para que a dirixan os de sempre desde Madrid ou Bruselas.
O goberno galego da era Feijoo prioriza, a través dos orzamentos, as políticas de promoción das linguas estranxeiras por riba das de normalización lingüística.
Ollo que o castelán podería ser a seguinte víctima con esta política de falsa libertade do raposo no galiñeiro, como apuntaban recentemente os xuristas Pérez Lema e Pereira Menaut.
O sistema xeneralizado de concertos nas autonomías levaríanos ó modelo federal que vimos defendendo desde 1931 como Partido Galeguista e desde hai máis de cuarenta anos como Coalición Galega. Como defendemos tamén sempre desde unha perspectiva de centro socialmente xusta e moderada os principios humanistas, liberáis, e o dereito á autodeterminación dos pobos, e esiximos a plena potestade tributaria orixinaria acerca de todos os feitos impoñible que se produzan na nosa terra.
Presidente Coalición Galega