O PP de Lugo urxe ao goberno provincial de PSOE e BNG a acometer as obras de mellora do firme no acceso ao Pazo dos Deportes e a conservar o antigo quiosco Mirador do Campus

Antonio Ameijide lembra que “a presidenta e o alcalde anunciaban fai 6 semanas melloras na zona, pero aínda non foron capaces de arranxar os baches que supoñen un risco na zona, especialmente, cando hai maior volume de tráfico coincidindo coas competicións oficiais no Pazo”.

O portavoz provincial do PP e concelleiro popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lembra que a presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo -tamén deputada provincial- anunciaban fai 6 semanas obras na avenida Filarmónica Lucense, no entorno do Pazo dos Deportes, onde xogan o Breogán e o Ensino.

Ameijide visitou a zona xunto aos concelleiros do PP no municipio Javier Vázquez e Mar Carballas onde o que puideron comprobar sobre esa “actuación estelar” é que “aínda non foron capaces de arranxar os baches que dificultan a circulación na zona e que supoñen un risco maior cando é hai máis volume de tráfico na zona coincidindo cos horarios das competicións deportivas oficiais”.

O portavoz provincial tamén considera “unha mágoa” que durante a súa visita non baixaran unhas escaleiras para comprobar o antigo quiosco ou Mirador que é propiedade da Deputación de Lugo e onde “fai anos había un bar que servía de punto de encontro para lucenses e, sobre todo, estudantes e que leva máis dunha década pechado e abandonado polo goberno de PSOE e BNG e que, na actualidade, está vandalizado por completo supoñendo un risco para as persoas que transiten pola zona”.

Ameijide advirte que o tellado deste edificio emblemático para o campus “está a medio caer, con cristais rotos, almacéns abertos e outra serie de perigos” para os veciños e veciñas de Lugo en xeral e, en particular, os rapaces e rapazas que transitan por esta zona integrada no Campus entre as facultades de ADE e Humanidades. 

O popular considera “unha pena” que a presidenta e o alcalde non aproveitaran a visita “para, ademais de anunciar o arranxo duns baches que continúan sendo un perigo na zona, arranxar esta instalación e volver poñela en valor ou, cando menos, adoptar medidas para que non sexa un perigo para a seguridade dos veciños, estudantes ou visitantes”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios