- Antonio Ameijide ve a situación da residencia como a proba evidente de que Marisol Morandeira «prioriza as siglas do seu partido e a comodidade do seu cargo na Deputación antes que o benestar dos veciños de Guitiriz” xa que “con contrario presionaria sen descanso ata acadar o reinicio e remate dos traballos”
- O voceiro provincial popular insta a Carmela a «cumprir a palabra dada» xa que «os veciños de Guitiriz non poden seguir agardando indefinidamente. Esiximos que se reinicien as obras de inmediato, que se garanta o financiamento para o equipamento e que se poña unha data definitiva para a apertura desta residencia”
- Ameijide amosa a súa preocupación sobre a situación da residencia xa que “a día de hoxe podemos constatar que nin PSOE nin BNG saben en que punto se atopan os traballos xa que descoñecen o grao de execución da obra, así como as liquidacións”
- Os populares reflexionan: “A paralización desta obra está ademais causando importantes danos aos traballos xa realizados, pudendo incluso arruinar moitos dos materiais xa instalados, como as estruturas de madeira polas que está chovendo e danándose ao carecer de cuberta o inmoble, así como que non hai nin un movemento dende a Deputación para sacar de novo a licitación o remate da construción”