Participan preto de 60 estudantes da Universidade da Coruña (UDC), da Universidade de Vigo (UVigo), da Universidade de Santiago de Compostela (USC), da Universidad de León, da Universidad de Salamanca (USAL), da Universidad Rey Juan Carlos (URJC) e da Universitat Autòmoma de Barcelona (UAB).
Cinco alumnas do grao en Relacións Internacionais, Belén Míguez Ramos (A Coruña, 2005), Irene Rodiles Lago (Santiago de Compostela, 2006), Laura Yáñez Rodríguez (Gijón, 2007), María Falcón Louzao (Pontevedra, 2006) e Eva Maseda Truyols (Madrid, 2006) organizan, este venres 24 de abril, a partires das 10:00 horas, no Campus Industrial de Ferrol, a primeira edición do AtlanticMoot Court, a simulación dun caso da Corte Internacional de Xustiza, o principal órgano xudicial da Organización das Nacións Unidas (ONU) e oencargado de resolver disputas entre Estados e de emitir opinións consultivas sobre cuestións xurídicas internacionais.
Para comezar esta xornada e logo da correspondente apertura institucional, o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acollerá, ás 10:30 horas, a conferencia “Desorde mundial e convulsións xeopolíticas en Oriente Medio”, impartida polo codirector do Instituto sobre Conflitos e Acción Humanitaria (iecah), Jesús A. Núñez Villaverde. Este relatorio foi organizado no marco dos Seminarios de Formación de Internacionalistas do grao el Relacións Internacionais no curso 2025/26 e en colaboración coa Asociación de Internacionalistas de Galicia (ASIG).
Xa pola tarde, a partires das 15:30 horas, divididos en 6 equipos, os preto de 60 mozos e mozas inscritos nesta primeira edición do Atlantic Moot Court,simularán un caso no que se abordarán cuestión vinculadas ao Dereito Internacional Humanitario e aos conflitos armados. Participa alumnado da Universidade da Coruña (UDC), da Universidade de Vigo (UVigo), da Universidade de Santiago de Compostela (USC), da Universidad de León, da Universidad de Salamanca (USAL), da Universidad Rey Juan Carlos (URJC) e da Universitat Autòmoma de Barcelona (UAB).
A Facultade de Humanidades e Documentación será o lugar elixido para realizar esta simulación de caso na que exercerán como xuíces e xuízas, o profesor da Universidad de Salamanca (USAL), Juan Manuel Bautista Jiménez; a profesora da Universidad de Alcalá (UAH), Laura Esperanza Aragonés Molina; así como as profesoras da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María Isabel Lirola Delgado e Carmen Montero Ferrer.
O Atlantic Moot Court está impulsado pola Universidade da Coruña (UDC), a través do Campus Industrial de Ferrol e da Facultade de Humanidades e Documentación, pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xustiza, dependente da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes, polo Concello de Ferrol e máis por KNM Abogados, Cafetería Kalua e Rodríguez TrujilloAbogados.