Elena Candia perfila co Colexio de Camiños o homenaxe ao exalcalde Tomás Notario

A alcaldesa de Lugo mantivo un encontro co decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia para avanzar nas propostas de recoñecemento a Tomás Notario Vacas

A reunión dá continuidade ao acordo aprobado por unanimidade pola Corporación municipal no pleno do pasado mes de marzo de 2026, no que se instaba ao Ministerio de Transportes a designar esta infraestrutura co nome do enxeñeiro lucense, como exercicio de recoñecemento histórico e de xustiza cara a unha figura estreitamente vinculada ao desenvolvemento de infraestruturas na cidade.


Durante o encontro analizáronse os seguintes pasos administrativos e institucionais para continuar impulsando esta petición, despois de que o Ministerio de Transportes comunicase recentemente que “non é práctica habitual asignar nomes de particulares a infraestruturas da Rede estatal”, unha resposta que, segundo se trasladou na reunión, non pecha a porta a seguir defendendo esta iniciativa promovida polo Colexio de Enxeñeiros.

Neste sentido, tamén se abordou a posibilidade de instalar un elemento conmemorativo nas inmediacións da ponte, unha achega realizada por María Reigosa e incorporada posteriormente ao acordo plenario aprobado por unanimidade.

O goberno local destaca a importancia de continuar traballando da man do Colexio de Enxeñeiros e das entidades vinculadas á figura de Tomás Notario para seguir avanzando nun recoñecemento institucional acorde coa relevancia da súa traxectoria profesional e pública.

Tomás Notario Vacas foi enxeñeiro da Administración central con destino en Lugo, alcalde da cidade en dúas etapas e impulsor da Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas, entidade que concede bolsas de estudo especialmente vinculadas ao ámbito do sector primario.

Comparte éste artículo
No hay comentarios