O PP subliña un “investimento histórico” da Xunta de máis de 25M€ para o vindeiro 2026 na Mariña

·      O portavoz municipal lembrou “as múltiples obras en Burela que levan o selo do PP na Xunta” e puxo en valor “a importancia que ten o noso municipio para o Goberno galego” como demostran os “numerosos investimentos” puntualizando que “nos gustaría que esa mesma importancia lla dera o goberno local”

·      Burela, en partidas directas, recibirá máis de 7M€: 3,3M€ para o Hospital da Mariña, 1,7M€ para a nova EDAR, 1M€ para a mellora do saneamento, 200.000€ para a mellora da potabilizadora de Cervo-Burela e 760.000€ para o remate do reforzo do dique de abrigo do porto

·      Os Orzamentos da Xunta contemplan para a comarca avances sanitarios,  apoio á rehabilitación de vivenda, á modernización do abastecemento e saneamento en varios municipios, á dotación de infraestruturas portuarias, á mellora de centros de ensino, albergues xuvenís, edificios xudiciais ou centros de formación para o emprego, etc.

·      “Esta aposta contrasta coa parálise xeneralizada do Goberno Sánchez que non aproba uns Presupostos dende o 2022 e que, en lugar de investir na comarca, manteñen os proxectos bloqueados (A-74, falta de mantemento nas estradas nacionais e falta de compromiso con Alcoa…) ante o silencio inexplicable de alcaldes e dirixentes socialistas”, manifestaron

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios