O edil Alexandre Penas puxo como exemplo a nova rotonda da avenida Afonso X, con herba alta e en mal estado.
Alexandre Penas, concelleiro do BNG no Concello de Lugo, reclamou «un maior coidado das zonas verdes da cidade», despois de ver «o estado de abandono» que amosa a rotonda de Afonso X. A estrutura, construída este ano, presenta no seu interior herbas altas e descoidadas, «unha mostra do descoido ao que o PP somete as zonas verdes da cidade».
«Agardamos que isto non sexa o paso previo a eliminar unha zona verde», afirmou Alexandre Penas, quen lembrou que no 2024, o PP desde a Xunta de Galiza malgastou preto de 50.000€ na retirada do céspede natural da rotonda da estrada de Portomarín ubicada no acceso ao barrio da Ponte para colocar céspede artificial.
Alexandre Penas destacou a importancia da rotonda que mellorou o cruce entre Afonso X e a Ronda de Fingoi. Construída nos primeiros meses do 2026, substituíu un cruce regulado por semáforos no que conflúen viais de similar intensidade de tráfico. O BNG desde o goberno de Lugo traballou para eliminar os semáforos creando unha rotonda axardinada, e redeseñando as entradas para garantir a seguridade dos peóns e manter a continuidade da rúa.