Elena Candia destaca o reforzo da seguridade e a colaboración asociativa no éxito do Arde Lucus

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, realizou hoxe unha valoración desta úlitma edición do Arde Lucus, destacando la elevada participación, e a implicación das asociacións de recreación histórica

Candia subliñou que a festa se desenvolveu con éxito a pesar das altas temperaturas rexistradas durante a fin de semana, circunstancia que obrigou a adaptar parte da programación e a adoptar medidas específicas para minimizar o impacto da calor sobre participantes e asistentes.

A rexedora quixo iniciar a súa intervención cun amplo agradecemento a todas as persoas que contribuíron ao desenvolvemento da festa. En primeiro lugar, ao concelleiro de Xuventude, Damián Carballo, así como ao persoal municipal, especialmente ao servizo de Xuventude

A alcaldesa destacou de forma especial o labor desenvolvido por Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica, así como por todos os profesionais que participaron no operativo coordinado de seguridade e fixo de forma explícita unha mención ás Asociacións de Pais e Nais e a comunidade educativa que participou no desfile de colexios que tivo lugar onte”

Seguridade

“Unha das cuestións que nos marcamos como prioridade foi reforzar a seguridade. Os datos e o desenvolvemento da festa demostran que contamos cun dos dispositivos máis completos das últimas edicións grazas á profesionalidade dos equipos de emerxencia e seguridade”, sinalou.

Neste sentido, agradeceu tamén a colaboración da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que facilitou medios para reforzar o posto de mando avanzado, e do CIFP As Mercedes, que puxo á disposición do operativo unha unidade de drons que permitiu realizar controis de aforo e seguimento dos eventos multitudinarios en tempo real.

A alcaldesa fixo extensivo o seu recoñecemento ás empresas e servizos que contribuíron ao correcto desenvolvemento da celebración, especialmente aos encargados da limpeza e mantemento dos espazos públicos, así como aos traballadores municipais que durante estes días velaron para que a cidade presentase a súa mellor imaxe.

As asociacións, piar fundamental do Arde Lucus

Durante a súa intervención, Elena Candia quixo destacar especialmente o papel das asociacións de recreación histórica, ás que definiu como “un piar absolutamente indispensable deste patrimonio inmaterial que identifica a Lugo”.

A alcaldesa lembrou que durante os días da festa tivo ocasión de visitar os distintos campamentos e comprobar de primeira man o traballo desenvolvido por estes colectivos.

“Cada ano sorprenden coa súa capacidade para innovar, divulgar a nosa historia e ofrecer actividades de enorme calidade. O Arde Lucus non se entendería sen o seu esforzo, a súa dedicación e o seu compromiso”, afirmou.

Candia destacou tamén a aposta realizada este ano por reforzar a decoración e a ambientación da cidade, especialmente en espazos como a Praza de Santo Domingo e a Rúa da Raíña, así como pola ampliación das actividades de dinamización nos distintos espazos da festa.

Máis de 1,8 millóns de impactos nas redes sociais

A alcaldesa puxo en valor tamén o impacto alcanzado polo Arde Lucus no ámbito da promoción e da comunicación.

Segundo os datos facilitados polos servizos encargados da difusión do evento, a festa superou por primeira vez os 1,8 millóns de impactos nas redes sociais unha cifra que evidencian a crecente proxección do Arde Lucus dentro e fóra de Galicia.

Durante a comparecencia, Elena Candia realizou tamén un exercicio de transparencia sobre os gastos da celebración. A alcaldesa explicou que o orzamento global do Arde Lucus situouse arredor dos 600.000 euros desglosando as diferentes partidas

Candia concluíu asegurando que esta edición demostrou a capacidade de Lugo para seguir facendo medrar unha celebración que constitúe un dos seus principais sinais de identidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios