O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG preguntará ao goberno polo proxecto elaborado para transformar a unión das rúas Río Eo e Otero Pedrayo. Arroxo lembrou que o BNG desde o goberno da cidade realizou unha serie de xuntanzas coas veciñas e veciños da rúa abordar a transformación do espazo. As xuntanzas concluíron coa presentación do proxecto que permitirá crear un novo espazo de convivencia, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e fomentar a participación cidadá na definición dos espazos públicos.
Arroxo lembrou que o BNG desde a Tenencia de Alcaldía elaborou un proxedcto que contembplaba unha nova zona de plataforma única con preferencia peonil con novas prazas de estacionamento e unha nova zona de xogos para nenas e nenos. A zona está organizada en bancais incluíndo diversas árbores. Antes da moción de censura «o proxecto quedou elaborado e listo para ir a Contratación», dixo Rubén Arroxo, que engadiu «preguntaremos na vindeira comisión sobre o avance deste proxecto para garantir que se cumpla o acordado coas e cos veciños desta rúa».
Arroxo destacou que Otero Pedrayo é un novo exemplo «de participación directa da veciñanza na transformación do espazo público» e lembrou que o BNG traballou no goberno de Lugo mantendo «encontros coas veciñas e veciños para saber as necesidades e cubrir as peticións veciñais».