Serrano: “Un representante do PSOE recoñece que boa parte dos investimentos en materia ferroviaria na provincia se fixeron con Gobernos do Partido Popular”

“O tramo principal da variante da Pobra de San Xiao entrou en funcionamento en abril do 2018 e un mes despois chegaba Sánchez á Moncloa” polo que “será o Goberno de Sánchez o que teña que explicar por que non volveron parar trens nunha estación sen estrear”, asegura.

“Algún representante do PSOE recoñece, finalmente, que boa parte dos investimentos en materia ferroviaria na provincia se fixeron con Gobernos do Partido Popular”, segundo subliña o senador lucenses do PP Juan Serrano á vista das declaracións do alcalde de Láncara, Darío Piñeiro.

O propio rexedor socialista recoñece que as obras da variante da Pobra de San Xiao -que incluía a estación ubicada en Moscán- comezaron co Goberno de Aznar e remataron co Goberno de Rajoy. “Pero querémoslle lembrar ao alcalde de Láncara que a o tramo principal da variante entrou en funcionamento en abril do 2018 e un mes despois Pedro Sánchez chegou á Moncloa a través dunha moción de censura”, apunta.

“Será o Goberno de Sánchez e o PSOE o que teña que explicar porque desde o 2018 non volveron a parar trens nunha estación que está sen estrear”, engaden. “É un claro exemplo do desmantelamento dos servizos ferroviarios no rural lucense”, engade o popular.Sobre o abandono da estación situación no lugar de Moscán, no termo municipal do Páramo, os senadores do PP lucense teñen dirixido formalmente preguntas ao Executivo para coñecer a súa situación real. Así mesmo, preguntan se o Goberno de España ten previsto modificar a denominación da estación ferroviaria atendendo ás solicitudes do Concello do Páramo dirixidas a ADIF e aos acordos do Pleno municipal.

O popular cre que “Darío Piñeiro, como alcalde, debería estar máis preocupado por facer as xestións oportunas para que os veciños de Láncara dispoñan dunha estación próxima na que coller o tren -porque os veciños de Láncara ou do Páramo que queiran coller o tren teñen que ir a Lugo ou a Sarria- que por xustificar ao Goberno de Pedro Sánchez”. Unha vez máis, “os socialistas escollendo a Sánchez ante que aos seus veciños”, subliña.

Serrano tamén convida ao socialista a reflexionar e pregúntalle “que lle parecería se unha obra construída polo Estado no termo municipal de Láncara levase o nome doutro concello”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios